Skip to Content

NURIA LÓPEZ: 1º PREMIO "MELLOR XORNALISTA XUVENIL DA VOZ DE GALICIA"

Un artigo de opinión sobre o nomeamento de Arabia Saudí para presidir o foro de igualdade da ONU, deulle a Nuria López González, alumna de 1º de bacharelato, o primeiro premio do concurso Mellor Xornalista Xuvenil de La Voz de Galicia.

O artigo titúlase “Arabia Saudita ó mando dos nosos dereitos: unha burla á igualdade” e pregúntase, tendo en conta ás  constantes violacións dos dereitos da muller que se producen neste país, se o motivo verdadeiro desta decisión non estará máis relacionado con intereses propagandísticos ca coa verdadeira igualdade de xénero. O premio (un ordenador portátil) entregarase o 14 de xuño no Multiúsos do Sar en Santiago de Compostela.

 

 

Ciclos Formativos no noso centro

 
HHOT11. Ciclo básico de cociña e restauración. +info
BTMV11. Ciclo básico de mantemento de vehículos. +info
MADG01. Ciclo medio de xestión administrativa. +info
SADG01. Ciclo superior de administración e finanzas. Modalidade DUAL +info

SAÍDA AO ROCÓDROMO DE RIAZOR

O alumnado de 3º da ESO do IES Terra do Xallas acudiu o pasado venres 24 de Maio ao rocódromo de Riazor na cidade da Coruña, para realizar unha actividade de escalada deportiva incluída dentro do programa ‘Escalada na Escola’, financiado pola Deputación da Coruña e levado a cabo pola AMI (Agrupación de Montañeros Independientes). Ademáis de realizar unha práctica de escalada deportiva, o alumnado tamén recibiu unha charla teórica sobre os deportes de montaña e as diferentes modalidades dentro do mundo da escalada. Con esta actividade seguimos inculcando hábitos de vida saudable e activa no noso alumnado. Ver galería de imaxes

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR, CURSO 2024/2025

Publicada, no DOG do día 20 de maio de 2024 a  ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H): ligazón

Prazo da presentación de solicitudes: Dende o 21/05/2024 ata o 21/06/2024.

Manual de usuario para solicitantes: Acceso

O arquivo adxunto contén resumo da presentación de solicitudes 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: LUISA VILLALTA

O xoves 16 de maio festexamos, no IES Terra de Xallas, o Día das Letras Galegas. A Biblioteca organizou un acto homenaxe a Luisa Villalta onde participaron alumnado e profesorado recordando as súas grandes paixóns: poesía e música. Se queres coñecer algo máis sobre a celebración, prema aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut