Séguenos nas redes sociais: Facebook Teis

Curso 2018-2019

Taller de ERP para 2º DAM

O vindeiro venres, 14 de decembro de 2018, 12 a 14 horas terá lugar un un taller de E.R.P. ao alumnado do módulo de Sistemas de Xestión Empresarial, de 2º de DAM.

O taller o imparte Jorge Yañez, responsable informático do E.R.P., da empresa Partenon de Redondela (www.partenon.net).

Partenon / Sagres, é unha empresa textil, adicada á produción e distribución de uniformes para bombeiros, policías, etc a nivel mundial.

As materias de libre configuración do noso centro no Faro de Vigo

O pasado 18 de novembro de 2018 publicouse un artigo no Faro de Vigo no que interviñan o director do noso centro e máis o responsable da materia de libre configuración "Promoción de estilos de vida saludable", Ramón Rial.

O artigo versa sobre as materias de libre configuración e a súa implantación nos institutos de Vigo.

Aquí tedes o artigo: https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2018/11/18/institutos-imparten-nuevas-materias-libre/2000887.html

25 de novembro: día contra a violencia de xénero

Foto dalguna das actividades celebradas polo 25 de novembro

Este venres 23 de novembro de 2108 fixéronse varias actividades co motivo da conmemoración do día “Contra a violencia de Xénero”.

O alumnado de ESO, Bacharelato, FP Básica ESA e ciclos formativos fixeron diversas figuras polos corredores do centro con cinta illante simbolizando as mortes causadas por este tipo de violencia.

Ademais fixéronse uns carteis e murais que están dispoñibles nos taboleiros do centro.

Tanto no recreo da mañá como no da tarde leuse un comunicado e gardouse un minuto de silencio polas vítimas desta lacra.

Estiveronse proxectando presentacións e vídeos nas pantallas de entrada do centro.

Conferencia: Móbiles como sistemas de intelixencia de negocios

Foto da conferencia de Miguel Arean titulada Moviles como sistemas de inteligencia de negocios

Onte, xoves 23 de novembro de 2018, Miguel Areán (@zenjaone) estivo impartindo unha charla denominada "Móviles como sistemas de inteligencia de negocios" no salón de actos do noso centro.

A charla impartiuse nas dúas quendas e estaba dirixida ao alumnado de ciclos de informática aínda que tamén se animaron outros alumnos e alumnas doutras especialidades.

Na charla explicou como se utilizan os datos de usuarios para incrementar os beneficios utilizando técnicas de Big Data e Data Minning. Fixo unha pequena demostración con algunha ferramenta onde se podía ver como en menos de 3 minutos obtiña datos de interese para empresas de usuarios da rede social Twitter.

A continuación a charla dirixiuxe cara ao poder que teñen os móbiles para proporcionar datos relevantes de usuarios que logo son vendidos ás empresas para facer campañas publicitarias específicas e dirixidas.

Nun ton distendido, Miguel Areán contaxiou da súa enerxías ao alumnado que participou facendo numerosas preguntas.

Dende o centro agradecemos a Miguel a súa colaboración na actividade.

Deixámosvos unhas fotos do acto.

Galería de fotos do magosto

A comunidade educativa desfrutando do magosto A comunidade educativa desfrutando do magosto A comunidade educativa desfrutando do magosto A comunidade educativa desfrutando do magosto A comunidade educativa desfrutando do magosto A comunidade educativa desfrutando do magosto A comunidade educativa desfrutando do magosto A comunidade educativa desfrutando do magosto A comunidade educativa desfrutando do magosto A comunidade educativa desfrutando do magosto A comunidade educativa desfrutando do magosto A comunidade educativa desfrutando do magosto A comunidade educativa desfrutando do magosto A comunidade educativa desfrutando do magosto A comunidade educativa desfrutando do magosto A comunidade educativa desfrutando do magosto A comunidade educativa desfrutando do magosto A comunidade educativa desfrutando do magosto A comunidade educativa desfrutando do magosto A comunidade educativa desfrutando do magosto A comunidade educativa desfrutando do magosto A comunidade educativa desfrutando do magosto A comunidade educativa desfrutando do magosto A comunidade educativa desfrutando do magosto
 
Syndicate content