Skip to Content

Xeografía e Historia

Puntualización xeral das materias do Departamento CURSO 2022/2023

NOTA IMPORTANTE PARA O ALUMNADO MATRICULADO NAS MATERIAS DO DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA:

- Só se poderá redondear á alza a partir do reconto decimal do 0'5, únicamente no caso da nota final de cada trimestre ordinario. Deste xeito, cando a final de trimestre se reconte a nota acadada no 80% das probas e no 20% da observación, e se indique que os decimais acaden o 0'5, a nota poderá ser redondeada á alza pola profesora/profesor (p. ex. de sacar 4'5 como nota de trimestre, se poderá redondear á alza e acadar 5 como nota trimestral).

 

- Á hora de contabilizar a nota final ao final da terceira avaliación, se terá en conta a poderación porcentual de cada trimestre á hora de facer a media das tres notas das tres avaliacións ordinarias.

 

- Para o alumnado que non aprobe algún ou ningún trimestre ordinario, será moi importante facer os boletíns que lle facilitará a profesora/profesor para preparar a materia. Estes servirán para o repaso de cara aos exames que se deben superar para ter os trimestres aprobados (ben durante o curso ou ben ao final de curso), e tamén contabilizarán dentro do 20% da nota (observación do alumnado).

 

En A Coruña, a 17 de abril de 2023

 

Asdo.:

 

Profesorado do Departamento de Xeografía e Historia

Normas para a realización de probas e exames, ou traballos avaliativos no Departamento de Xeografía e Historia

 

En caso de que o alumnado non se presente ás probas ou exercicios de avaliación, só poderá repetilas con xustificante médico, xustificación da titoría e/ou dos pais/nais/titores/as. De non ser así, deberá esperar a realizar a recuperación na seguinte avaliación ordinaria ou na avaliación final en caso de ser necesario.

Plan de Recuperación de Pendentes 2022_2023

O Departamento de Xeografía e Historia do IES A Sardiñeira presenta o material para o Plan de Recuperación do Profesorado para este curso 2022/2023.

O alumnado pendente deberá ir entregando cada boletín antes de rematar cada avaliación para superar o 20% da nota, e deberá presentarse a un exame final que contará o 80% da nota.

As datas e condicións de entrega están deseñadas xa nos documentos anexos.

O material para superar a materia tamén está xa nos documentos anexos.

Recuperacións Avaliación Final Curso 2021_2022

Dende o Departamento de Xeografía e Historia queremos indicar ao alumnado que deba recuperar a materia de CCSS na Avaliación Final do curso 2021_2022, que deberá realizar as seguintes tarefas por curso:

- 1oESO:

O alumnado suspenso na materia de CCSS deberá realizar o traballo de recuperación entregado pola profesora o martes 21 na hora de clase de CCSS. En caso de non ter este traballo, poderá descargarse o documento dende o enlace de máis abaixo, obtendo o documento que corresponda ao traballo de repaso do seu curso.

Como veredes, o traballo é de repaso de todo o curso pois, segundo temos establecido no Departamento, ao suspender a 3a Avaliación, por desgracia, se suspende todo o curso.

Lembrade que esta Avaliación Final é como o Setembro doutros anos, polo que nos exames de Setembro entraba todo o que se estudou no curso, e, por tanto, nesta Avaliación Final de Xuño, tamén entra todo o que se estudou no curso.

Non vos preocupedes porque, se aprobastes as Ciencias Sociais noutras avaliacións neste ano, sodes perfectamente capaces de demostrar que coñecedes a materia e que podedes facer o traballo que se vos pide máis que ben.

Cando fagades o traballo vos daredes de conta que é moi sinxelo e que se pode responder facéndoo nun par de recreos con axuda do libro, de internet, dos recursos da Biblioteca do instituto ou de compañeiros/as que aprobasen a materia. Se trata de preguntas de V/F, elixir a correcta, completar a frase ou a definición, unir co correspondente ou definir brevemente.

Debedes facer o máximo que poidades do traballo e aquelo que se conteste no traballo debe estar correcto.

Desa forma, cando entreguedes o traballo, obteredes directamente o 5 ou Aprobado (sempre e cando o traballo estea bastante completo e que o contestado sexa correcto).

O alumnado que quera subir nota, deberá facer o exame de Avaliación Final na clase durante a hora de CCSS o martes 21. Este exame terá preguntas do traballo de repaso feito polo alumnado.

O alumnado que non entregue traballo de repaso, deberá facer só o exame.

O alumnado que non entregue o traballo de repaso nin veña a facer o exame, terá a materia suspensa na Avaliación Final e lle quedará pendente para o vindeiro curso.


Se tedes algunha dúbida ou cuestión, podedes poñervos en contacto no seguinte correo:

afpaz@sardineira.com

 

- 2oESO:

O alumnado suspenso na materia de CCSS deberá realizar o traballo de recuperación entregado polo profesor. En caso de non ter este traballo, poderá descargarse o documento dende o enlace de máis abaixo, obtendo o documento que corresponda ao traballo de repaso do seu curso.

Como veredes, o traballo é de repaso de todo o curso pois, segundo temos establecido no Departamento, ao suspender a 3a Avaliación, por desgracia, se suspende todo o curso.

Lembrade que esta Avaliación Final é como o Setembro doutros anos, polo que nos exames de Setembro entraba todo o que se estuda  no curso, e, por tanto, nesta Avaliación Final de Xuño, tamén entra todo o que se estuda no curso.

Non vos preocupedes porque, se aprobastes as Ciencias Sociais noutras avaliacións, sodes perfectamente capaces de demostrar que coñecedes a materia e que podedes facer o traballo que se vos pide máis que ben.

Cando fagades o traballo vos daredes de conta que é moi sinxelo e que se pode responder facéndoo nun par de recreos con axuda do libro, de internet, dos recursos da Biblioteca do instituto ou de compañeiros/as que aprobasen a materia. Se trata de preguntas de V/F, elixir a correcta, completar a frase ou a definición, unir co correspondente ou definir brevemente.

Debedes facer o máximo que poidades do traballo e aquelo que se conteste no traballo debe estar correcto.

Desa forma, cando entreguedes o traballo, obteredes directamente o 5 ou Aprobado (sempre e cando o traballo estea bastante completo e que o contestado sexa correcto).

O traballo de repaso se deberá entregar o día 21 ás 12:45 na Aula de Reforzo da Planta Baixa (Diante de Conserxería).

Se queredes subir nota, deberdes quedarvos ao exame. Este exame terá preguntas do traballo de repaso feito polo alumnado.

O alumnado que non entregue traballo de repaso, deberá quedarse a facer o exame.

O alumnado que non entregue o traballo de repaso nin veña a facer o exame, terá a materia suspensa na Avaliación Final e lle quedará pendente para o vindeiro curso.

Quen decida ir ao exame ou decida subir nota tras entregar o traballo de repaso, deberá acudir o día martes 21 ás 12:45 á Aula de Reforzo da Planta Baixa (diante de Conserxería).


Se tedes algunha dúbida ou cuestión, podedes poñervos en contacto no seguinte correo:

afpaz@sardineira.com

 

- 3oESO:

O alumnado suspenso na materia de CCSS deberá realizar o traballo de recuperación entregado polo profesor. En caso de non ter este traballo, descargarse o documento dende o enlace de máis abaixo, obtendo o documento que corresponda ao traballo de repaso do seu curso.

Como veredes, o traballo é de repaso de todo o curso pois, segundo temos establecido no Departamento, ao suspender a 3a Avaliación, por desgracia, se suspende todo o curso.

Lembrade que esta Avaliación Final é como o Setembro doutros anos, polo que nos exames de Setembro entraba todo o do curso, e, por tanto, nesta Avaliación Final de Xuño, tamén entra todo o do curso.

Non vos preocupedes porque, se aprobastes as Ciencias Sociais noutras avaliacións, sodes perfectamente capaces de demostrar que coñecedes a materia e que podedes facer o traballo que se vos pide máis que ben.

Cando fagades o traballo vos daredes de conta que é moi sinxelo e que se pode responder facéndoo nun par de recreos con axuda do libro, de internet, dos recursos da Biblioteca do instituto ou de compañeiros/as que aprobasen a materia. Se trata de preguntas de V/F, elixir a correcta, completar a frase ou a definición, unir co correspondente ou definir brevemente.

Debedes facer o máximo que poidades do traballo e aquelo que se conteste no traballo debe estar correcto.

Desa forma, cando entreguedes o traballo, obteredes directamente o 5 ou Aprobado (sempre e cando o traballo estea bastante completo e que o contestado sexa correcto).

O traballo de repaso se deberá entregar o día 21 ás 12:45 na Aula de Reforzo da Planta Baixa (Diante de Conserxería).

Se queredes subir nota, deberdes quedarvos ao exame. Este exame terá preguntas do traballo de repaso feito polo alumnado.

O alumnado que non entregue traballo de repaso, deberá quedarse a facer o exame.

O alumnado que non entregue o traballo de repaso nin veña a facer o exame, terá a materia suspensa na Avaliación Final e lle quedará pendente para o vindeiro curso.

Quen decida ir ao exame ou decida subir nota tras entregar o traballo de repaso, deberá acudir o día martes 21 ás 12:45 á Aula de Reforzo da Planta Baixa (diante de Conserxería).


Se tedes algunha dúbida ou cuestión, podedes poñervos en contacto no seguinte correo:

afpaz@sardineira.com

 

-4oESO:

O alumnado realizará aqueles traballos, tarefas, actividades ou exames que a profesora Dona Ana Silva indique na clase.

 

- 1oBACH:

O alumnado realizará aqueles traballos, tarefas, actividades ou exames que a profesora Dona Ana Silva indique na clase.

 

Cambios no Departamento de Xeografía e Historia respecto da Orde de avaliación do 25 de xaneiro de 2022 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

  • O Departamento de Xeografía e Historia, decide o seguinte, segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia:

 

Decídese seguir a Orde tal cual ven explicada, e tamén se traballará conforme aos artigos e puntos de dita Orde, especialmente indicando a importancia do Capítulo III, Artigo 8 punto 5, de maneira que se observará a realización de traballos e tarefas de reforzo e ampliación co apoio de tiotría e doutras materias tal e como o considera o Decreto para a Educación Secundaria:

 

“5. O alumnado que non acade a promoción permanecerá un ano máis no mesmo curso. A permanencia no mesmo curso considerarase unha medida de carácter excepcional e tomarase logo de esgotar as medidas ordinarias de reforzo e apoio para superar as dificultades de aprendizaxe da alumna ou do alumno. En todo caso, a permanencia no mesmo curso planificarase de maneira que as condicións curriculares se adapten ás necesidades do alumnado e estean orientadas á superación das dificultades detectadas, así como ao avance e ao afondamento nas aprendizaxes xa adquiridas. Estas condicións recolleranse nun plan específico personalizado con cantas medidas se consideren adecuadas para este alumnado.”

 

O mesmo se considera para o Capítulo IV, Artigo 18, puntos 5 e 6, para o Bacharelato, específicamente no punto 6 para o 1º curso de BACH:

 

“5. Ao longo de cada curso realizaranse para cada grupo tres sesións de avaliación parciais. Así mesmo, farase o seguimento da recuperación das materias pendentes, se for o caso. A derradeira destas tres sesións poderá coincidir coa avaliación final do período ordinario. Haberá, así mesmo, unha sesión de avaliación logo da realización das probas extraordinarias. As avaliacións finais ordinaria e extraordinaria realizaranse nas datas que se determinen na norma que estableza o calendario escolar para cada curso.

6. No segundo curso de bacharelato, no período abranguido desde a realización da avaliación final ordinaria ata as datas de celebración das probas extraordinarias, o centro educativo organizará a impartición das clases co fin de preparar o alumnado para a realización da avaliación de acceso á universidade e das probas extraordinarias.

 

No primeiro curso de bacharelato, o período abranguido desde a realización da avaliación final ordinaria ata o remate do período lectivo dedicarase á preparación e á realización das probas extraordinarias, e a actividades de apoio, reforzo, recuperación, ampliación e titoría.”

 

Normas para a realizacións de exames do Departamento de Xeografía e Historia

O Departamento de Xeografía e Historia do IES A Sardiñeira, indica que, tras consenso de departamento, se seguirán as seguintes normas á hora de realización de exames tanto en Secundaria coma en Bacharelato:

“Seguiránse as seguintes normas á hora de realizar no exame. De non seguirse, penalizaráse o exame cun cómputo negativo ou, en caso de tratarse dunha falta grave, se retirará a proba e non se corrixirá:

- Os apuntamentos, texto, traballo e actividades que se deixan na Aula Virtual ou na clase serán únicamente orientativos. O alumnado debe realizar os seus propios apuntamentos de vocabulario, temas e comentarios históricos, de  maneira que deberán ser ORIXINAIS (NON COPIADOS EXACTAMENTE DE APUNTAMENTOS, PÁXINAS WEB, MANUAIS...).

Unha vez realizados os apuntamentos, enviaránse a corrixir á profesora (só ata dous días antes do exame para que dea tempo a estudar sobre o corrixido). Deste xeito, se poderá ter en conta a suma do % de nota de traballo de clase e casa, á nota total. ESTE PUNTO debe quedar CLARO, pois NON admitirá REVISIÓN a partir de agora.

- Non se terá ningún tipo de material na mesa, na cadeira ou na parrilla da mesa. Non se terán abrigos, mantas ou mochilas xunto co alumnado ou sobre a cadeira ou a mesa. DEBEREDES DEIXAR ESTE MATERIAL LONXE DAS MESAS. Non se terán folios que non entregue a profesora nin esquemas, nin chuletas, nin ningún tipo de apuntamento. Tampouco estuches. Deste xeito, só se poderá ter o imprescindible para o exames (bolígrafo, suliñadores e/ou tipex ou corrector). SE A PROFESORA DETECTASE QUE O ALUMNO OU A ALUMNA ESTÁ A COPIAR DURANTE O EXAME, DITA PROBA SE RETIRARÁ E SE CUALIFICARÁ CUN CERO. Polo tanto, evitemos o movemento de mochilas, xestos e espasmos estranos, e fagamos o exame ben sentados/as, rectos na mesa, sen retorcernos e sen ocultar o traballo que facemos. FALTA GRAVE

- Non se poderán traer aparellos electrónicos de ningún tipo, cascos, móbiles nin smartwatches. FALTA GRAVE.

- Aquelas persoas que teñan pelo longo, deberán telo recollido durante a proba.

- Non se poderán realizar preguntas durante o exame unha vez dea comezo a proba. As explicacións oportunas se farán antes de dar comezo á mesma.

- Non se poderán facer marcas persoais de ningún tipo durante o exame: cadros, suliñados , palabras enteiras en maiúsculas… Só se poderán suliñar as follas impresas do exame.

- Non se deben engadir guións, frechas ou numerais, pois o vocabulario, temas e comentarios, deben ser escritos de forma seguida e só podendo ter unha división en parágrafos. Non se deben engadir símbolos que personalicen o exame.

- O alumnado deberá manter marxes laterais, superior e inferior á hora de escribir.

- O alumnado escribirá de forma limpa e ordeada (e que non haxa marcas de aparellos móbiles na folla).

- O alumnado deberá asegurarse de que as follas en branco entregadas pola profesora estean marcadas por ela. Doutro xeito, non se corrixirá o contido do exame. FALTA GRAVE

- Non se admitirán "cambiazos" ou follas alleas ás entregadas pola profesora. De habelos dentro da proba entregada, o exame non se corrixirá. FALTA GRAVE.”

 


No caso da materia de Historia de España de 2ºBACH, tamén se terán en conta as normas e a estrutura do exame das ABAU, que tamén se cumprirán nos exames da materia:

"Seguirase o esquema ABAU para desenvolver o exame:

- Vocabulario (2 puntos con 8 termos e 4 a elixir que valerán 0’5 cada un), 4 Temas (3 puntos) a elixir un tema (dos 4 primeiros bloques de Historia, se propoñerán 1 ou 2 temas de cada bloque) e tres textos por cada Comentario Histórico con 5 puntos (haberá 3 posibles comentarios históricos dos séculos XIX e XX, segundo o que esteamos a traballar na clase).
- O vocabulario non deberá superar as 5 liñas e os Temas non deberán superar 1 cariña de extensión.
- 4 Temas a elixir 1. Os temas serán de cada un dos catro bloques de contidos, pero poderán aparecer dous temas dun dos bloques, de maneira que non todos os bloques se verán reflexados no exame. Os temas seleccionados serán elixidos ao azar pola profesora, sempre tendo como referencia as probas pasadas da ABAU.
- Comentarios de texto: haberá tres conxuntos de tres textos, de maneira que se presentarán tres temas distintos, a elixir un dos conxuntos de tres textos. Dependendo do momento do curso, os tres conxuntos de textos serán só do século XIX, ou do século XIX e do século XX. Os textos e os temas que trate cada conxunto de textos, serán elixidos ao azar pola profesora, sempre tendo como referencia as probas pasadas da ABAU.
- Tanto Temas como Comentarios terán a mesma estrutura: INTRODUCIÓN, DESENVOLVEMENTO e CONCLUSIÓN. Na pregunta do Tema cada apartado valerá 1 punto. Na pregunta do Comentario de texto, Introdución e Conclusión valerán 1 punto, o Desenvolvemento terá varios apartados (Causas 0’5 ptos, Desenvolvemento 0’5ptos e Consecuencias 0’5 ptos), e os Textos valerán 0’5 puntos cada un (se só se menciona o texto, ou se só se menciona unha frase do texto, só se contará a metade, é dicir, 0,25 ptos).
- Adapatermos aos exames e á materia de Historia de España todas as instrucións, correcións, adaptacións, indicacións, informacións e novidades do GRUPO DE TRABALLO DE HISTORIA DE ESPAÑA das ABAU."
Distribuir contido


by Dr. Radut