|
IES A SARDIÑEIRA Avenida da Sardiñeira, 41-42. 15008 A Coruña; Teléfono: 881 960 150 e-mail: ies.sardineira@edu.xunta.gal |
Conferencia de Manuel f. Herrador Barrios: "A miña casa está feita de plástico: breve introdución á mecánica dos materiais"
04/02/2020
Dentro do ciclo de Conferencias de Divulgación Científica englobadas na acción do Contrato- Programa "Mellora para a consecución da Excelencia", o grupo dinamizador da biblioteca xunto cos departamentos de Física e Química e Química de ciclos organizan esta charla "A miña casa está feita de plástico: breve introdución á mecánica dos materiais" para o noso alumnado de ciclos formativos.