Sesión do departamento de tecnoloxía: Iniciación a robótica con arduino

O departamento de tecnoloxía comenzou este curso a súa andaina nos proxectos do club de ciencias como finalizamos a edición pasada, é dicir, tratando de fomentar, sobre todo no noso alumnado máis cativo no coñecemento da robótica, ou control automático, mediante o uso da placa de arduino. A nosa idea é aproveitar estas sesións de tarde para levar a cabo sinxelos proxectos do ámbito científico-tecnolóxicos onde ademais do propio automatismo incluír aspectos básicos de electricidade e electrónica.

Dado que a maioría do alumnado é de 1º e 2º curso da ESO escollemos para programar a placa de arduino a plataforma en liña de programación tipo Scratch que nos proporciona mBlock. Isto facilita en gran medida a parte de programación a estas idades.

Na primeira sesión celebrada o Xoves 2 Novembro o alumnado participante tiña que programar un semáforo para os coches formando equipos de máximo 2 ou 3 alumn@s. Os grupos que puideron ir a un ritmo un pouco máis avanzado púxoselles como reto ampliar a proposta anterior cun semáforo para peóns con indicador sonoro.

Ao final da sesión aínda que houbera conceptos que dada a súa idade escapaban da súa comprensión conseguimos que visen a importancia e o sentido dun automatismo nun proxecto real e a súa ligazón coa programación e coa electrónica. Ademais parece que o pasaron moi ben. Esta a próxima!.

Archived in