Orientación

BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDO PARA O CURSO 2020/21

Ábrese o prazo de solicitude de bolsas e axudas ao estudo para o curso 2020/21.

Para FP, Bacharelato e outros estudos non universitarios o prazo vai desde o 9 de agosto ao 1 de outubro de 2020.

Pódese consultar a información completa e tramitar a solicitude nesta web do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Adaptación da Programación do Departamento de Orientación

Adaptación da Programación do Departamento de Orientación conforme ás Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.