O Monte Vivo

21/03/2019 08:06

Alumnos e profesores do noso centro estamos participando no Plan Proxecta: “O monte vivo”, no que realizamos unha actividade de custodia (xunto co CFEAF de Lourizán)dunha parcela de monte a carón do instituto co obxectivo de restaurar o monte inzado de especies invasoras (eucalipto e mimosa),e transformalo nun bosque mixto de frondosas. Os traballos xa foron iniciados o curso anterior, e neste presente xa se levan feito traballos de eliminación de invasoras e plantación e sementeira de árbores e arbustos.

Ademais dos traballos de campo, na aula profundizamos no estudo da biodiversidade dos nosos bosques e matogueiras, no problema dos incendios e  na ordenación do monte.

Enhoraboa a todos/as os/as participantes de 3º ESO do certamen de REGUEIFAS en vigo

21/03/2019 05:17

ENHORABOA¡¡¡ CHICOS/AS DE 3º DA ESO.

MENUDA ENCHENTA DE REGUEIFAS ¡¡¡¡¡¡¡

 

O noso equipo formado por 10 alumnos/as de 3º , regueifou toda a mañan de onte dun xeito abrumador¡¡

Foron seleccionados dous para a final:

Marcos Oitavén e Candela Calviño  Enhoraboa aos dous¡¡¡¡¡

Resultado de imagen de regueifas

 

Soamente quedan 5 días para o Certamen de Regueifas¡¡¡

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Ponte Caldelas anima a todos os alumnos dos tres  cursos de terceiro da ESO a participar e vir con nós o mércores 20 a Valadares, Vigo, as 10 da mañan, para animar ao alumnado seleccionado para a fase provincial neste certamen. Temos que aplaudir aos/as nosos/as¡¡¡ Somos unha piña¡¡¡¡

Resultado de imagen de aplausos

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2019-2020

28/02/2019 09:38
30/05/2019 09:38

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2019-2020

 

Nota informativa sobre o proceso no arquivo adxunto "Proceso de admisión"

 

 

Vacantes para o curso 2019-2020 no IES de Ponte Caldelas

CURSO

MODALIDADE

VACANTES

1º ESO

 

6 + 9 NEAE*