AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR

O día 14 de outubro publicouse oficialmente a ampliación da axuda para adquirir material escolar que viña sendo anunciada nos medios de comunicación. Poden consultar a resolución completa aquí.


Esta ampliación consiste nun novo vale, de 25€, que se lle concede a todo o alumnado que xa foi beneficiario do vale de material escolar. O alumnado que non tivo dereito ao vale de 50€ tampouco ten dereito a esta ampliación.


A entrega do novo vale farase ao longo desta semana e irase informando a través de Abalar.

Aquel alumnado que non estivera presente o día da entrega no seu grupo debe recollela en Secretaría cando se volva incorporar.

En caso de dúbida consulten en Secretaría.