Comezamos ca campaña A IGUALDADE MULTIPLICA

Ola familias,

Temos o pracer de presentarvos a campaña de igualdade de xénero “20 medrar sen violencia, 20 medrar en igualdade” que as tres ANPAs do Concello de Ponte Caldelas, en colaboración ca Secretaría Xeral da Igualdade, estamos a por en marcha nos tres centros de ensino do concello durante este ano 2020.

Hoxe presentámosvos  a primeira das accións que leva por título:

“A igualdade multiplica”

Unha actividade que realizarán todas as aulas do IES e 5ª e 6º de primaria dos CEIPs durante os meses de outubro, novembro e decembro.

Con esta mensaxe animámosvos a participar xunto coas vosas fillas e os vosos fillos, para avanzar na educación en igualdade dende as familias e os centros de ensino.

Como estamos en temos de Covid para maior seguridade toda a formación vai ser virtual, en pequenos vídeos moi animados que poderedes ver e escoitar en calquera momento.

Aquí tedes o enlace a nosa canle de Youtube onde xa podedes visualizar os videos de presentación:

https://www.youtube.com/channel/UCpsstnFUGfaxcK1cd57BOHg 

Vos recomendamos que pulsedes a tecla de SUSCRIBIR para recibir os avisos a medida que colguemos os pequenos vídeos.

Estas actividades están abertas a todas as familias aínda que non formen parte das ANPAS.

 

Animádevos a participar!!!