SEMANA DA PRENSA (Marzo 2015) ; Exposición "Xornais do Mundo" na Biblioteca

Co gallo de a Semana da Prensa o equipo da Biblioteca escolar está a organizar unha exposición na que se amosa unha boa colección de xornais de distintos países do mundo. Esta mostra foi posible grazas ao agasallo de xornais e revistas envíados ao IES dende distintas embaixadas, as que lles foron solicitados, e tamén grazas á colaboración do IES da Illa de Arousa que amablemente emprestounos unha gran colección de xornais cos que conta a súa biblioteca. Ao longo desta semana xa foron algúns grupos dos nosos alumnos e alumnas da ESO acompañados dos seus profesores e titores os que disfrutaron desta exposición botándolle unha ollada aos xornais e traballando nunha pequena ficha- actividade.