ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2024_2025

RESERVA DE PRAZA CURSO 24_25

Tódalas solicitudes de reserva de praza no noso IES para o curso 24_25 foron admitidas. Poden consultarse as listaxes no taboleiro de anuncios do centro. Tamén na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/. Neste caso, precísase o código de solicitude e a documentación de identidade dun dos responsables do menor.

 

Intercambio curso 2024/2025 con centro de Alemaña para 1º bacharelato

29/05/2024 07:09

O martes 29 de maio convocouse unha reunión no centro coas familias do alumnado que podería participar no intercambio cun centro educativo de Alemaña. Nesta reunión describiuse como se está deseñando o intercambio e repartíuse o documento de solicitude e compromiso coa actividade para o alumnado.

Queda unha copia aquí para que se poida descargar e cubrir polas familias que non puideron asistir pero que queren participar nesta actividade. Recolleranse as solicitudes en Vicedirección ata o mércores 5 de xuño.

 

CONVOCATORIA DE FONDOLIBROS E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024_2025

22/05/2024 05:20

Aberto o prazo para participar na convocatoria do Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar correspondente ao curso 2024_2025.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xuño de 2024.

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B- anexos I e II), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as soliciudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na noramtiva reguladora do procedemento administrativo común.

 

IMPORTANTE: Os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso 2023_2024 deberán devolverse no centro en bo estado antes do 21 de xuño. A non devolución de todos os libros prestados implicará a perda do dereito ao fondo.


Máis información en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/PaxinaInicio.action

 

Calendario de exames extraordinarios de 2º bacharelato

Nos arquivos adxuntos pódese acceder ao calendario de exames extraordinarios de 2º bacharelato.

DÍA NON LECTIVO LUNS 20 DE MAIO

16/05/2024 10:19
21/05/2024 00:01

Lembrámoslles que o vindeiro luns 20 de maio é día non lectivo no noso centro.

 

As actividades lectivas retomaranse o martes 21 de maio.