O IES Ordes convoca a novena edición do Premio de Poesía Carme Villaverde, dotado cun único premio de 400 euros. A participación está aberta a todas as alumnas e alumnos de ESO, bacharelato, ESA e ciclos formativos que cursen estudos en Galicia e non teñan cumpridos os 21 anos a 31 de decembro de 2021. Presentaranse tres composicións escritas en lingua galega, orixinais e inéditas. O prazo de presentación remata o 7 de maio de 2021 as 12:00 horas. |