Skip to Content

INTRODUCIÓN

Benvidos á esta sección da nosa web con información dos programas europeos Erasmus+ que se están desenvolvendo, ou preparando, no noso centro. 

Os obxectivos do profesorado involucrado no programa Erasmus+ son:

 

  1. Promover a internacionalización da educación no noso centro por medio da elaboración e colaboración en proxectos con outros centros educativos europeos,
  2. Promover e xestionar as mobilidades no estranxeiro no ámbito da FP, gracias á participación do noso centro nun consorcio da Xunta de Galicia. Estas mobilidades van dirixidas a alumnado de FP Básica e de ciclos de grao medio (prácticas FCT, para titulados), así como ao seu profesorado (para a súa formación, para visitas preparatorias etc)
  3. Promover e xestionar as moblidades  no ámbito escolar., da ESO  e de Bacharelato. Estas mobilidades poden ser para o alumnado (en grupo e/ou individuais de curta ou longa duración) e para o profesorado (de formación, observación etc)
  4. Establecer contacto e acordos de colaboración con institucións e organizacións internacionais. 

No ámbito da FP, no noso centro impártense os seguintes ciclos formativos:

 

      Ciclo Básico de Mantemento de Vehículos 

      Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos Automóbiles

      Ciclo Medio de Xestión Administrativa LOE

      Ciclo Superior de Automoción (FP Dual)

 No ámbito escolar, contamos con todos os niveis da ESO e de Bacharelato (nas ramas de Humanidades, Ciencias Sociais e Ciencias).

 

                                                ÍNDICE              DECLARACIÓN DE PRINCIPIOS


page | by Dr. Radut