Skip to Content

EXCURSIÓN DO ALUMNADO DE RELIXIÓN DE 4º Á DIOCESE DE TUI-VIGO

 

O luns 7 de outubro, nunha xornada na que o bo tempo acompañou, o alumnado de 4º de ESO visitou a Diocese de Tui- Vigo onde viron o claustro e a catedral nunha visita guiada, ademais de contemplar dende a torre as fermosas vistas do río Miño e terras portuguesas. A continuación, dirixímonos á veciña localidade da Fortaleza para xantar e dar un paseo polas súas rúas e tendas. Pola tarde, realizamos una ruta circular de sendeirismo, de dificultade media, polos muíños do Folón e do Picón. As vistas desde arriba son realmente bonitas, e a cantidade de muíños tamén impresiona bastante.

Rematamos a xornada en Baiona, uns mollando os pés na praia, outros dándolle uns toques ó balón, visitando a réplica da carabela “Pinta” ou, simplemente tomando un refresco. 



page | by Dr. Radut