GENERACIÓN DEL 27

24/03/2014 18:57
Africa/Addis Ababa

Para conmemorar o Día Mundial da Poesía (21 de marzo) e o Día Mundial do Teatro (27 de marzo), o alumnado de segundo ciclo da ESO presenciou hoxe o espectáculo de Ricardo Frazer, "Generación del 27" na Casa da Cultura de Sada.

No espectáculo, e tendo como fío condutor a Salvador Dalí, Ricardo Frazer fai un repaso poético por algunhas das figuras máis destacadas vinculadas a esta xeración.