VISITA Á BIBLIOTECA DE SADA

27/03/2019 21:40
Africa/Addis Ababa

Hoxe , o alumnado de 2º de ESO visitou Biblioteca Pública Municipal "Ramón Suárez Picallo". Alí coñeceu os fondos da biblioteca, a súa orde e colocación, os criterios de selección, a búsqueda online... A visita rematou cunha sesión de contacontos (a adaptación dun texto de Álvaro CunqueiroOs outros feirantes) a cargo do actor Ramiro Neira