Visita a exposición de Graciela Iturbide na Fundación Barrié

28/11/2018 19:31
Africa/Addis Ababa

Onte á mañá, o alumnado de 3º da ESO achegouse á Fundación Barrié nunha saída organizada polo departamento de Educación Plástica e Visual para coñecer a obra da fotógrafa mexicana Graciela Iturbide. Fixemos un percorrido guiado pola súa obra, que se move entre o documental e o poético, e parámonos especialmente a mirar os retratos dos pobos indíxenas de México nos que a muller ten un papel moi destacado.

Despois de facer a visita guiada continuamos cun taller no que traballamos o simbolismo tendo como inspiración algúns dos retratos de Graciela. 
Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas desta marabillosa fotógrafa e da súa forma de observar a realidade a través da súa cámara. Mentres esperamos os resultados dos retratos feitos no taller deixámosvos unha mostra dos momentos vividos.