Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Decembro 19, 2018
Start: 19/12/2018 12:10

                             

 

Hoxe o alumnado do centro  asistiu á  actividade de contacontos en inglés e galego, da man das narradoras Patricia McGill e Charo Pita.  Estas contadoras profesionais versionaron algúns relatos da tradición oral  nos que apareceron bruxas,cabaleiros, paxariños metidos en problemas, damas encantadas e ata o mesmísimo rei Artur.  A actividade,organizada polos departamentos de Inglés, Galego e Biblioteca , desenvolveuse  en dúas sesións ( a primeira para o alumnado de 3º e 4º de ESO  e a segunda para o alumnado de 1º e 2º ). Foi moi amena e interesante.

 

Xoves Decembro 20, 2018
Start: 20/12/2018 10:10

Hoxe entregáronse na biblioteca A Esperela os premios polo bo uso e aproveitamento da axenda escolar do noso instituto.Foron uns recoñecementos emocionantes e divertidos.No segundo trimestre haberá máis!!!!

   

Start: 20/12/2018 20:59

 

A xuntanza do club de lectura de hoxe xirará arredor da obra de Fran Alonso  titulada Cartas de amor. Centrarase no relato titulado "Lonxe", que amosa o desarraigo sufrido polas persoas que teñen que deixar o seu lugar de vida para emigrar a outro país. Máis información no blog

 

 

Venres Decembro 21, 2018
Start: 21/12/2018 11:00

Hoxe tocou a merecida recompensa despois da avaliación do primeiro trimestre. Despois da entrega de notas, fómonos todos a patinar. A actividade estivo organizada polo departamento de Educación Física.

 

NESTE ENLACE PÓDESE VER UN VÍDEO DA ACTIVIDADE

Venres Xaneiro 11, 2019
Start: 11/01/2019 12:10

                                                                                                               Máis información no blog

Mércores Xaneiro 16, 2019
Start: 16/01/2019 09:20

  A Biblioteca A Esperela organizou a visita aos estudios de Radio Nacional onde estivo o alumnado de 4º de ESO.

  Parece que o pasaron moi ben ademais de ter a oportunidade de "dar as noticias".

                                                           

Venres Xaneiro 18, 2019
Distribuir contido