O centro
Familias
Iniciar sesión
Comezo do curso 2020-21
Anónimo — Sáb, 2020-09-05 11:57
Á atención da comunidade educativa do IES de Mos:
Esta comunicación ten por obxectivo informar do proceso de inicio do curso 2020-21.
No momento de redactar esta comunicación, as datas de comezo do curso son:
Día 16 de setembro: 1º de ESO, 2º de ESO e 1º de Bacharelato.
Día 17 de setembro: 3º de ESO e 2º de Bacharelato.
Día 18 de setembro: 4º de ESO.
Antes do inicio do curso, as familias serán adecuadamente informadas dos protocolos sanitarios e normas de convivencia adaptadas á actual situación sanitaria.
As canles de comunicación serán:
Páxina web do instituto.
Aplicación Abalar móbil.
Reiteramos a importancia de ter instalada e operativa a aplicación Abalar móbil porque se trata dunha ferramenta que permite que a información poida transmitirse instantaneamente en caso de necesidade.
Entendemos que este curso escolar comeza nunhas circunstancias extremadamente cambiantes e que é imprescindible adaptarnos e adecuar o sistema educativo ás mesmas sen innecesarias perdas de tempo.
Somos conscientes de que familias, estudantes e profesionais do ensino imos vivir un comezo de curso nun contexto definido pola incidencia da pandemia e das súas consecuencias.
Temos que afrontar esta situación seguindo escrupulosamente as directrices sanitarias e, ademais, con ánimo e vontade colectiva para poder minimizar en todo o posible os riscos e as graves consecuencias da infección.
As profesionais, os profesionais que traballamos no IES de Mos estamos preparando o centro para que os nosos alumnos e as nosas alumnas desenvolvan a súa xornada escolar nun entorno o máis seguro posible. Con todo, necesitamos a colaboración imprescindible das familias para que o nivel de protección sexa efectivo. É por este motivo polo que solicitamos que, ademais de estaren informadas, as familias axuden intensamente a cumprir os protocolos e instrucións que vaian recibindo; só así estaremos en condicións de paliar o avance da enfermidade.
Estamos absolutamente convencidos de que, como xa fixemos nos meses pasados, entre todas e todos sairemos adiante.
Moitas grazas e moito ánimo.
Xurxo Collazo Saavedra.
Director do IES de Mos.