O centro
Familias
Iniciar sesión
AXUDAS FONDOLIBROS
Anónimo — Mar, 2020-05-19 19:25
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021
Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).
O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (19 de maio) e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído.
Poden acceder a toda a información desde este enlace: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
Debido ao estado de alerta no que nos atopamos pola crise sanitaria do Covid-19 o formato papel é a opción menos recomendada. Nos próximos días iremos dando instrucións para facer a entrega da documentación cando se realice de xeito presencial.
Este é o enlace ao manual de usuario do Fondolibros: ManualCidadan.pdf