O centro
Familias
Iniciar sesión
TAREFAS SEMANA 18 - 22 MAIO. PREMATRÍCULA E RESERVA DE OPCIÓN 3º E 4º ESO. VOLTA DO ALUMNADO DE 2º BACHARELATO A PARTIR DO 25 DE MAIO
direct — Lun, 2020-05-18 00:18
TAREFAS SEMANAISNo documento adxtunto a esta publicación ou nesta ligazón pode accederse á distribución das tarefas, referidas á semana do 18 ao 22 de maio e agrupadas por cursos e materias. |
Asimesmo, nesta ligazón poden consultarse os correos electrónicos do profesorado e neste outro link poden verse as claves de acceso que algúns cursos da aula virtual requiren para acceder aos seus contidos.
Lembramos que o Concello de MOS pon a disposición das familias un servizo gratuíto de impresión e entrega de tarefas escolares que podes consultar nesta ligazón. |
PREMATRÍCULA E RESERVA DE OPCIÓNS 3º E 4º DE ESO
Iniciamos o proceso de prematrícula e de reserva de opcións de matrícula de para os cursos de 3º e 4º de ESO (curso 2020 - 2021). Deste xeito, o alumnado que actualmente se atope en 2º e en 3º de ESO e que conte seguir os seus estudos no IES de MOS debe seguir as instrucións que figuran no apartado Admisión, reserva de opción e matrícula curso 2020/2021 no bloque de Secretaría, accesible tamén nesta ligazón.
Cómpre sinalar que, tal e como figura nas instrucións que encabezan o espazo da admisión e que deben ser lidas atentamente, os datos recollidos neste proceso non son unha matrícula nin está garantida a posibilidade de cursar todas as materias optativas ofertadas para o caso de 4º da ESO. Do proceso de matrícula informarase posteriormente nesta páxina web para indicar forma e prazos.
O IES de Mos agradece a colaboración do alumnado e das familias para levar a cabo este proceso nunhas condicións tan complexas.
VOLTA DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO A PARTIR DO 25 DE MAIO
Á espera de instrucións
Adxunto | Tamaño |
---|---|
tarefas semana 18_22 maio.pdf | 381.74 KB |