O centro
Familias
Iniciar sesión
Suspensión das clases no sistema educativo de Galicia.
Anónimo — Ven, 2020-03-13 00:34
Estimadas familias.
Atendendo os requerimentos das autoridades, o sistema educativo de Galicia suspende as súas actividades durante catorce días, a contar desde o luns dezaseis de marzo.
Con todo, como Director do IES de Mos, solicítovos encarecidamente que non enviedes os vosos fillos e fillas ao instituto con efecto inmediato, desde hoxe mesmo.
A prioridade agora é reducir ao mínimo posible os contaxios producidos por contacto entre persoas, e así evitar a saturación do sistema sanitario.
Entendemos que a situación e seria e sen precedentes; con todo, se nos comportamos como cidadáns responsables e ben informados, será moito máis doado superar esta crise sanitaria.
Desde o IES de Mos, informaremos de canta novidade teñamos coñecemento.
As canles de comunicación serán a aplicación Abalar Móbil e máis a páxina web do instituto.
Un saúdo afectuoso.
Moitas grazas.
Moito ánimo.
Xurxo Collazo Saavedra.
Director do IES de Mos.