O centro
Familias
Iniciar sesión
Aviso sobre o bus municipal do Concello
Anónimo — Lun, 2017-04-03 09:45
AVISO
SERVIZO DE BUS MUNICIPAL DO CONCELLO DE MOS
O mércores 5 de abril comeza a funcionar a tarxeta metropolitana no Concello. A partir de ese día, o servizo de transporte municipal queda integrado nel, polo que é necesario que os usuarios do transporte teñan a tarxeta, tanto para as viaxes dentro do Concello como para facer os transbordos a Vigo ou Porriño.
Os menores de 19 anos deben facer a tarxeta XENTE NOVA, coa cal poden realizar as viaxes de maneira gratuíta. A tarxeta teñen que solicitala nas oficinas de Abanca de Puxeiros ou da Rúa Ramón González, en Porriño. Deben solicitala a través de este enlace http://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn e logo acudir co DNI. Para os menores de 18 anos, terá que acudir o representante legal que deberá acudir a oficina bancaria co DNI do/a menor solicitante, e levar ademais o seu DNI e libro de familia.
A tarxeta terá que ter unha primeira recarga, e posteriormente, seranlle reembolsados as viaxes cada 15 días, cun máximo de 60 viaxes. Para iso deberán meter a tarxeta nun caixeiro e a recarga farase automática.
Páxina informativa sobre a tarxeta na que se pode consultar máis información http://tmg.xunta.gal/xente-nova-que-e