O centro
Familias
Iniciar sesión
CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO
Anónimo — Mér, 2016-07-27 12:40
O Diario Oficial de Galicia do 27 de xullo de 2016 publica a Orde do 7 de xullo de 2016 pola que se convocan os premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2015/16.
Poderanse conceder ata un máximo de vinte premios, cada un deles dotado con 750 euros e diploma acreditativo.
Para optar aos premios, é preciso ter obtido no conxunto dos catro cursos de ESO unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos (esta nota media será a media aritmética das cualificacións en todas as materias dos catro cursos da etapa).
Os aspirantes aos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico deberán realizar unha proba, que se verificará no lugar e datas que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universtaria http://www.edu.xunta.gal
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días a partir do 28 de xullo de 2016.
As solicitudes presentaranas directamente as persoas interesadas ou os seus representantes legais. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED311D dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou no anexo I da Orde do 7 de xullo de 2016.
Todos os requisitos e demais informacións pódense consultar na citada Orde do 27 de xullo de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia do 27 de xullo actual.