O centro
Familias
Iniciar sesión
Proxecto de Inmersión Lingüística Outubro 2011
Anónimo — Xov, 2011-11-10 17:24
O I.E.S. DE MOS foi seleccionado para participar no programa de inmersión lingüística en inglés no ano 2011. Do 23 ao 29 de Outubro pasamos unha semana fantástica en Mohernando (Guadalajara).
Saímos do I.E.S. DE MOS o domingo ás 8.30 e chegamos ás 18.30 aproximadamente a Mohernando. Tras a presentación do equipo de monitores e profesores houbo unha avaliación individual para averiguar o nivel de cada participante. Despois da cea xogamos a The shooter e The blankets, xogos para romper o xeo e coñecer os nomes do alumnado do IES de Granada participante no mesmo proxecto.
De luns a venres fixemos moitas actividades, preparamos proxectos e presentacións orais, fixemos experimentos con The Crazy Scientist, aprendimos cancións e participamos en diversos xogos: The Magic Royal Post,Mammuts and moons, The whistle... Traballamos en temas como a globalización, o choque cultural, o noso entorno, as enerxías renovables e non renovables, as tecnoloxías e a xeración z, a nosa pegada ecolóxica, o reciclaxe,etc.
Noraboa ao catro grupos: troll faces, dragon tails, poker faces e crazy heads.
Nos archivos adxuntos hai unha pequena mostra do que foi esta semana: dous dos archivos teñen fotos e outro e a obra de teatro feita coas profesoras do IES DE MOS como parte do proxecto.
Tamén podedes ver fotos no link ao blog de Mohernando: blog.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Pelicula.swf | 19.89 MB |
INMERSIÓN LINGÜÍSTICA DO IES DE MOS 2011.swf | 9.89 MB |
Tree SI AND THE CASE OF THE FALLEN YEW TREE.swf | 19.14 MB |