O centro
Familias
Iniciar sesión
Cubrir a enquisa sobre o uso do posible servizo de comedor
admin — Mér, 2024-01-17 18:24
A Comunidade Educativa do IES de Mos é plenamente consciente dende hai moito tempo de que o alumnado que vive máis lonxe do noso centro ten serias dificultades para ir a mediodía a comer á súa casa e volver para as sesións da tarde.
Ante esta problemática, moito alumnado queda nas inmediacións do noso centro e resolve a situación como pode.
Coñecedores desta situación e sendo conscientes do perigo que estes rapaces e rapazas corren estamos a tratar de porlle solución.
A idea é que a través da ANPA se poida contratar un servizo de catering e monitores para que o alumnado (cuxas familias pertenzan á ANPA) que teña estas dificultades teñan fácil solución.
Para lograr que a Administración nos permita implantar esta solución precisamos a colaboración de todas e todos:
- A participación da ANPA.
- A implicación do Concello de Mos.
- A colaboración do IES de Mos.
- As impliacións das familias.
- E a aprobación da Administración de educación.
Polo de agora somentes precisamos que cubran a seguinte enquisa (o prazo é ata o luns día 22 de xaneiro): https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfqL8j8Dlyv7FYm6C6_WBBYk2YPYji9tw8DShpJ_9bafTEVcw/viewform?usp=sf_link
Moitas grazas pola súa colaboración.
Un saúdo.
Azucena Matilde.
Directora do IES de Mos