O centro
Familias
Iniciar sesión
Reunión das familias cos titores e titoras (entrega portátiles 1º ESO)
admin — Mar, 2023-09-19 11:17
Estimadas familias,
O vindeiro 25 de setembro ás 18:15 os titores e titoras dos seus fillos/fillas e tutorandos agardaranvos nas súas aulas para compartir información e lograr que o proceso ensinanza-aprendizaxe sexa o mellor posible para cada un dos alumnos e alumnas que veñen ao noso centro.
Na porta principal do centro indicaremos os titores e titoras de cada grupo e en que aula están agardando. Haberá persoas que lles axuden a atopar as diferentes aulas.
Ese mesmo día procederase á entrega dos ordenadores do Proxecto Edixgal aos proxenitores ou titores/as legais (somentes eles poden asinar a entrega) do alumnado de 1º ESO.
Agardamos a súa asistencia.
Un saúdo.
Equipo Directivo do IES de Mos