EXTRAORDINARIO ÉXITO DE TELÓN DE AQUILES (E DIJO 4) NA GALA DE PREMIOS DO XXIII CERTAME DE TEATRO ESCOLAR E AFECCIONADO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
EXTRAORDINARIO ÉXITO DE TELÓN DE AQUILES E DIJO 4 NA GALA DE PREMIOS DO XXIII CERTAME DE TEATRO ESCOLAR E AFECCIONADO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
Telón de Aquiles e Dijo4, grupos de teatro e de música do IES Monte das Moas, foron galardoados no XIII certame da Deputación da Coruña na categoría cadete pola obra El lindo Don Diego, comentario, adaptación da obra clásica de Agustín Moreto.
O pasado venres, 17 de Xuño, se celebrou a entrega de premios no teatro Colón de A Coruña con grande éxito de público. O Certame de teatro escolar e afeccionado da Deputación é unha cita tradicional para os moitos grupos existentes na provincia e esperta unha grande expectativa, máis se cabe pola paréntese da pandemia. O acto foi amenizado con actuacións moi aplaudidas. Asistiron diversos persoeiros, directores, actores e actrices recoñecidos que entregaron os galardóns das diferentes categorías.
Os premios que recibiron os grupos Telón de Aquiles e Dijo4 por El lindo Don Diego foron os seguintes:
- Premio á mellor actriz para Noa Pardeiro Fuentes.
- Premio ao mellor actor de reparto para Antonio Canosa Muñoz.
- 3º posto nas obras da categoría cadete.
- Dirección artística (Juan Dios Cañada e Rafael Alonso Pica).
Un grande recoñecemento ao labor destes grupos do IES Monte das Moas onde é unha tradición a actividade teatral e musical dende hai moitos anos.
El lindo Don Diego foi un proxecto ambicioso (teatro clásico, en verso, con música en directo e dirixido aos alumnos) e tivo que superar as dificultades da pandemia. O obxectivo foi cumprido: Mantermos a tradición do noso teatro nas aulas.
O noso recoñecemento aos alumnos que traballaron neste proxecto:
O elenco da obra "El lindo Don Diego. Breve comentario" foi o seguinte:
Carla García Soto Beatricilla 3º ESO B
Tomás Fernández Antezana Piano 1º ESO C
Noa Pardeiro Fuentes Mosquito 4º ESO B
Ramón Fernández Antezana Violín 4º ESO A
Elisa Pérez Martínez Dna. Inés 3º ESO B
Alberte Díaz Kirk Percusión 4º ESO A
Antonio José Canosa Muñoz D. Juan 3º ESO B
Paula Rodeiro Iglesias Viola 3º ESO A
Ian Iglesias Agria D. Tello 3º ESO C
Brais Fernández Blanco Guitarra 4º ESO B
Alejandro Rodeiro Iglesias Trombón 1º ESO B
Beatriz Elvira Juanatey Orol Dña. Leonor 2º ESO C
Rubén Sánchez Quintela Guitarra 4ª ESO A
Ainhoa Otero López D. Mendo 3º ESO B
Simón Lago Hermida Acordeón 1º BAC A
Peace Osasenaga Barnabas Axudante de dirección 2º ESO B
Xoel Lago Hermida Frautas 1º BAC A
Noa Pereiro Lois Axudante de dirección 2º ESO C
Águeda Millán Salcedo Guitarra 2º BAC A
Juan Dios Cañada Dirección
Rafael Alonso Pica Dirección