CHARLA SOBRE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA PARA 1º DE ESO CON MANUEL NÚÑEZ SINGALA E MJ PÉREZ.
CHARLA SOBRE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA PARA 1º DE
ESO CON MANUEL NÚÑEZ SINGALA E MJ PÉREZ.
O día 8 de xuño tivo lugar, no Salón de Actos do noso Instituto, unha charla-conferencia-concerto sobre normalización lingüística para o alumnado de 1º de ESO. A charla, coordinada pola profesora do Departamento de Lingua Galega e Literatura, Mar Hermida Pico, formaba parte do programa "Coruña Educa" promovido polo Concello da Coruña. A charla, que, á súa vez, formaba parte do programa do Servizo de Normalización Lingüítica "Falamos Secundaria", foi desenvolvida por Manuel Núñez Singala, escritor e responsable do Servizo de Normalización Lingüística da USC, e pola cantante, compositora e artista multidisciplinar, MJ Pérez.