Punto Laranxa contra o acoso escolar

Publicacións

Información sobre o departamento de publicacións

Colaboracións do CIFP Leixa

As colaboracións do departamento de Artes Gráficas realízanse exclusivamente no período comprendido entre o 1 de outubro e o 30 de abril. A partir do 1 de maio non se admiten novas solicitudes.

 

 

Fundamentos legais:

Lei orgánica 9/1995, de 20 de novembro, de participación, avaliación e goberno dos centros educativos establece no punto 3 do artigo 7 que "Sen prexuízo de que todos os centros reciban os recursos económicos necesarios para cumprir os seus obxectivos con criterios de calidade, as administracións educativas poderán regular, dentro dos límites que na normativa correspondente se establecera, o procedemento que permita aos centros docentes públicos obter recursos complementarios, logo de aprobación do Consello Escolar. Estes recursos deberán ser aplicados aos seus gastos de funcionamento e non poderán provir das actividades levadas a cabo polas asociacións de pais e nais de alumnos en cumprimento dos seus fins, de acordo co que as Administracións educativas establezan.". Na Comunidade Autónoma de Galicia, este precepto legal queda recollido no artigo 117 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria.

Real decreto 2723/1998, de 18 de decembro, polo que se desenvolve a autonomía da xestión económica dos centros docentes públicos indica no punto 2 do artigo 8 que os ingresos dos centros poden estar constituídos polos seguintes recursos:

  • Os procedentes das transferencias recibidas dos créditos de gastos do Ministerio de Educación e Cultura ou dos seus Organismos autónomos, doutros departamentos e organismos públicos, da Administración autonómica ou local, das institucións da Unión Europea ou doutros organismos internacionais.
  • Legados e doazóns, legalmente adquiridas.
  • Os derivados de convenios con persoas físicas ou xurídicas.
  • Os que procedan da prestación de servizos, produto das súas actividades lectivas, distintos dos remunerados polos prezos públicos dos servizos académicos.
  • O produto da venda de bens mobles en desuso, ou o dos obtidos polos propios centros como consecuencia das actividades lectivas, sen prexuízo do previsto na Lei 22/1987, do 11 de novembro de propiedade intelectual. O centro poderá utilizalos como parte do pagamento, en operacións de gasto de acordo co disposto na Lei 13/1995, do 18 de maio, de Contratos das Administracións Públicas.
  • Os derivados da utilización das instalacións do centro.
  • Os intereses bancarios.
  • Os créditos procedentes de remanentes de exercicios anteriores que se incorporarán sempre ao presuposto do exercicio seguinte.
  • Calquera outro ingreso para o que se deberá contar coa autorización da Dirección Provincial.

O CIFP Leixa, dentro da súa autonomía de xestión e aplicando o criterio de que as actividades de aprendizaxe desenvolvidas polo alumnado se acheguen o máis posible á realidade laboral, trata de asinar acordos de colaboracións con empresas, institucións e particulares para a realización de traballos que poidan ser incluídos na formación académica dos estudantes, establecendo as condicións particulares adaptadas ás peculiaridades do centro educativo e a que os traballos serán desenvolvidos por persoas en formación. Nas ditas condicións particulares estableceranse prazos de execución e entrega así como os recursos económicos que se deban aportar tendo en conta que ditos recursos económicos revertirán na súa totalidade na formación dos estudantes. En calquera caso, todas as colaboracións asinadas no curso escolar serán informadas na memoria final do curso.  

Publicacións do IES Leixa

OUTRAS PUBLICACIÓNS DE INTERESE:

Powered by Drupal - Design by artinet