Skip to Content

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO 2023/24

 


 

CONVOCATORIA PREMIOS  EXTRAORDINARIOS BACHARELATO 2023/24
Estimadas familias,
Foi publicada a Orde do 19 de abril de 2024 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24 (código de procedemento ED311A).
PERSOAS BENEFICIARIAS:
Alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2023/24 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e sexa proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
 O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, comezará o día 29 de abril de 2024 e rematará o día 28 de maio de 2024.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos:

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
IMPORTE:
Vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 20.000 €. Cada premio estará dotado con 1.000 €.



page | by Dr. Radut