Benvido a Web do I.E.S. "Illa de Tambo"

* * * * * * * * * * * * * * * * * * * *

Ultima modificación :   30-11-2016

                              Ultimo :

                                        - Calendario de exames de pendentes (30-11-2016).

                                        - Horario de visitas de tutores (25-11-2016).

                                        - Calendario escolar curso 2016-2017 (24-11-2016).

 

* * * * * * * * * * * * * * * * * * * *

TABOLEIRO DE ANUNCIOS

 

 

RENOVACION

CONSELLO ESCOLAR

 

   Neste curso corresponde renovar parcialmente o Consello Escolar do centro en todos os sectores da comunidade educativa: Alumnado, profesorado, pais e persoal non docente.
 Dende aquí, invito a todos os pai e nais de alumnos do IES “Illa de Tambo” a presentar a súa candidatura a este órgano colexiado no que se toman as decisións mais importantes do Centro.

   A presentación de candidaturas deberá levarse a cabo na Oficina do Instituto entre o 7 e o 13 de novembro.

   O Presidente da Xunta Electoral
Antonio Novo Carballal

 

* * * * * * * * * * * * * * *

 

BECAS DA FUNDACION

AMANCIO ORTEGA

 

   A Fundación Amancio Ortega convoca 500 becas dirixidas ó alumnado de cuarto da ESO para estudiar primeiro de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos durante o curso académico 2017/2018.
 A beca permitiralle ó alumno convivir con unha familia durante o curso escolar no país de destino (80 están destinadas a estudiantes galegos e o resto a estudiantes de outras comunidades autónomas).

 ¿QUÉ CUBRA A BECA?
 A beca cubre o 100% do custo do curso escolar en Canadá ou Estados Unidos: viaxe, tasa de escolarización, convalidación de estudios, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, e o apoio continuado durante os dez meses de estancia.

 ¿REQUISITOS?
 Estudiar actualmente 4º da ESO nun centro educativo en España e ter pasaporte español.
Tener una nota media mínima de 7,00 en terceiro de ESO e de 8,00 en inglés.
Non haber estudiado un año académico no estranxeiro con anterioridade(primeiro, segundo ou terceiro da ESO).
Enviar o formulario online correctamente cumplimentado coa documentación esixida.

 PRAZO
 Do 3 de outubro ó 15 de novembro de 2016.

 SOLICITUD
 Entra na web e fai a inscripción elixindo un só destiño (Estados Unidos ou Canadá). Enlace á inscripción.

 INFORMATE SOBRE A BECA
 Vida e sistema educativo, proceso de inscripción e selección, contido de la beca, ... . becas.faortega.org.

 

* * * * * * * * * * * * * * *

 

ABALAR MOBIL

 

   Dende o curso 2012-2013, o noso Centro está incluído no Plan Abalar e, dende este curso 2015-2016, tamén está incluido en Abalar Móbil.

 ¿Que é Abalar Móbil?
 Para quen non o coñeza, hai que dicir que Abalar Móbil é unha aplicación que lles permite ós pais obter información no seu teléfono como son as notas, as faltas de asistencia e outros datos relacionados cos seus fillos que sexan alumnos do Centro.

 ¿Que é necesario para dispor de Abalar Móbil?
 Simplemente hai que ter un teléfono móbil con sistema Android ( teléfonos Samsung, LG, BQ, Huawie, Motorola, .....) ou IOS ( teléfonos Iphone ) e descargar nel, gratuitamente, a aplicación.
 Para poder facer uso da mesma, o número de móbil debe figurar rexistrado no Centro como teléfono do pai ou da nai do alumno do que se pretende obter información.
 Por iso, é necesario que o pai ou nai do alumno pase polo Centro para proceder á inscripción do seu teléfono e así poder empregar Abalar Móbil.
 Por cuestións de seguridade e confidencialidade, non se efectuará ese rexistro por outro medio.

 

* * * * * * * * * * * * * * *

Distribuir contido