Skip to Content

Programa AXUDASLE (FORMACIÓN LINGUAS EXTRANXEIRAS EN BACHARELATO)(info1)

___________________________________________________________

CONVOCATORIA AXUDASLE 2024

O día 12 de febreiro foi publicada pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade a convocatoria AXUDASLE 2024

(axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024 en réxime de concorrencia competitiva).

Código de procedemento ED504B.

  • PERSOAS DESTINATARIAS

Alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, matriculado no curso 2023/2024 no réxime xeral de 1º e 2º Bacharelato.

  • PRAZO DE SOLICITUDE

Prazo de solicitudes aberto dende o 13 de FEBREIRO ata o 12 de marzo (incluído) o 12 de MARZO (incluído)

  • INICIO DO PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE

Realizarase a partir da aplicación dispoñible na páxina web do programa

http://www.edu.xunta.gal/axudasle

Xornada de portas abertas Ies Illa de Tambo

RESERVA DE PRAZA 2024/25 IES ILLA DE TAMBO.


RESERVA DE PRAZA 2024/25 centros adscritos

 Aberto prazo de RESERVA de praza curso 2024-25, dende o 15 de xaneiro ao 5 de febreiro, dos nosos centros adscritos:

 1º ESO:                                                     1º Bacharelato:

 CEIP Sequelo-Marín                                IES Mestre Landín

 CEIP Plurilingüe A Laxe                          CPR Plurilingüe La Inmaculada

  **A reserva farase no centro de procedencia

 O prazo de admisión para o alumnado non procedente dos centros adscritos será do 1 ao 20 de marzo. A partir do 22 de febreiro, publicarase toda a información sobre o proceso de admisión.


 

Uso de móbiles e dispositivos electrónicos no centro.

Estimadas familias:

   A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou a Orde de 4 de xaneiro de 2024 que aproba o Protocolo sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos.

   Polo tanto, no centro queda prohibido o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos, con carácter xeral, durante toda a xornada escolar, incluídos os períodos non lectivos (entradas, saídas, recreo e os períodos dedicados ao desenvolvemento de actividades complementarias como saídas e visitas culturais...) en todas as etapas impartidas no centro, tanto en Secundaria como en Bacharelato.

   Adxunto pdf detallado.

   Enlace á normativa en Información xeral- documentos na páxina web.

Programa YAM (Youth Aware of Mental Health)

Programa YAM (Youth Aware of Mental Health)

Estimadas familias,

Comunicámosvos que o noso centro, foi seleccionado aleatoriamente como centro de control para participar no Programa de prevención do suicidio YAM, ao abeiro do “Protocolo de prevención e actuación nos ámbitos sanitario e educativo ante o risco suicida infanto-xuvenil”, dirixido á poboación escolar galega de 3º da ESO.

YAM é un programa de promoción universal da saúde mental. Invita a reflexionar sobre diferentes situacións e a considerar enfoques distintos cando nos enfrontamos aos retos da vida ou a problemas de saúde mental. O programa vai dirixido a poder prestar apoio aos compañeiros/as e a poder pedir axuda cando a precisamos.

 

O vindeiro martes 19 de decembro ás 19:30h. no Salón de Actos do instituto, os proxenitores do alumnado de 3º ESO, estades convocados e convocadas a unha reunión informativa onde se exporán os detalles da nosa participación e da necesidade de consentimento informado para participar no proxecto YAM.

No seguinte enlace, podedes acceder á información aportada polo Servizo Galego de Saúde sobre o Programa.

YAM - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde (sergas.es)

https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/YAM?idioma=ga

Agradecemos de antemán a vosa colaboración e compromiso para o bo desenvolvemento do programa.

Educonvives

Reunión inicial familias-titores/as 23-24

Curso 23-24

Estimadas familias
Informamos que o martes 10 de outubro, ás 19:00 horas no salón de Actos do centro, terá lugar a reunión inicial dos responsables legais cos titores e tiroras dos seu fillos e fillas.
Agardamos a súa asistencia.

Asemade, a ANPA do centro convoca unha reunión para todas as familias o martes 10 de outubro, ás 20:00 horas aproximadamente, tras a reunión inicial dos responsables legais cos correspondentes titores ou titoras dos seu fillos/as.
A reunión terá lugar no  Salón de Actos do centro.

HORARIO INICIO DE CURSO

Entrega libros fondo solidario.

 

 

 

 

 

LISTAXE DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO NA ESO E VALES DE MATERIAL.

Dende o martes 18 de xullo está publicada no taboleiro do centro a listaxe definitiva de admitidos para o fondo solidario de libros de texto. Poderanse recoller os libros de 1º e 3º da ESO a partir do mesmo martes 18.

SÓ SE ENTREGARÁN OS LIBROS AOS PAIS, NAIS OU TITORES LEGAIS.

Os vales para o material xa están dispoñibles no centro para todos os cursos.

RELACIÓN LIBROS DE TEXTO23-24

Adxúntanse imaxes da relación de libros de texto por curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut