Skip to Content

Admisión curso 23-24. Reserva de praza para alumnado de centros adscritos

 *Enlace a: admisionalumnado 

 

 

Este curso o noso IES está adscrito ao IES A Basella, o que significa que o alumnado de 4º de ESO pode reservar praza para cursar os estudos de Bacharelato nese centro antes do proceso de solicitude de admisión habitual.

No caso de haber máis solicitudes de reserva que prazas nese centro educativo, terase que facer unha solicitude de admisión no prazo establecido.

 

IMPORTANTE: Se fas a reserva de praza e despois decides non cursar Bacharelato nese centro, deberás facer unha renuncia á praza antes do 28 de de febreiro.

 

Outros prazos do proceso de admisión:

 

CANDO?

ONDE?

Reserva de praza para centros adscritos

Do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro (ambos incluídos)

Na sede electrónica, na aplicación informática admisionalumnado ou na secretaría do centro no que está matriculado nese momento.

Renuncia á reserva de praza

Antes do 28 de febreiro

 

Listaxe definitiva de alumnado con posto reservado

22 de febreiro

Centro adscrito e centro de adscrición

Publicación de postos escolares vacantes

Antes do 1 de marzo

Na páxina web do centro

Solicitude de admisión

Do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos)

(prazo ordinario)

Na sede electrónica, na aplicación informática admisionalumnado ou na secretaría do centro que solicita en primeiro lugar.

Presentación de documentación acreditativa do baremo no caso de haber máis solicitudes que vacantes

Do 21 de marzo ao 11 de abril

Na secretaría do centro solicitado en primeiro lugar.

Publicación de listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas

25 de abril

No taboleiro de anuncios do centro ou en admisiónalumnado (con chave 365 ou certificado dixital).

Reclamacións ante o Consello Escolar

Do 26 de abril ao 3 de maio

Na secretaría do centro.

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.

15 de maio

No taboleiro de anuncios do centro ou en admisiónalumnado (con chave 365 ou certificado dixital)

Formalización da matrícula

Do 23 de xuño ao 7 de xullo (concretarase a organización en xuño).

Na secretaría do centro.

 

Esta información ampliarase paulatinamente.

Normativa:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

 

 



story | by Dr. Radut