Skip to Content


Icono Aula virtual

blogue deadmin

Proxecto Entre Illas

O noso instituto e máis o de "As Bizocas" de O Grove veñen de poñer en marcha o Proxecto "Entre Illas", co cal poñemos en contacto ao alumnado de 2º ESO dos 2 centros. A primeira fase consiste nun vídeo de presentación de cada un dos institutos. Eiquí vos van!! 

 

Un mar de dereitos

Dereitos humanos from Xabier Marques on Vimeo.

Unha mostra audiovisual do que foi o noso Festival dos Dereitos Humanos.

Podedes ver canto aprendemos e o ben que o pasamos!!

Temos que agradecerlle esta montaxe a Xabier Marqués, que conseguiu darlle vida a todas estas imaxes. 

Unha chiscadela tamén para o equipo de Biblioteca que coordinou todas estas actividades (Begoña, Iolanda, Carmen e Fe).

Data: 21 de xuño de 2013

O club dos primeiros lectores

Enlace para ler a nova en "La Voz de Galicia"

A voz de Galicia presenta unha pequena reportaxe sobre os nosos clubs de lectura. Fai un percorrido pola andaina dos nosos clubs ata chegar aos tres que temos hoxe. Convén engadir a estas reflexións o grao de participación do profesorado que se implicou nesta iniciativa desde o primeiro día; a colaboración dos pais que levan connosco varios cursos e, naturalmente, o traballo de moitos d@s alumn@s que pasaron polo club e dos que nestes momentos están a participar. Parabéns a todos eles e oxalá que cumpramos "mil primaveras máis".

Festa Voz Natura

Este sábado 1 de xuño asistimos á Festa de Voz Natura en Culleredo.

Esta imaxe pertence ao noso stand.

Do IES da Illa de Arousa fomos máis de 40 persoas en autobús para disfrutar desta festa.

A nosa exposición contaba cun mural titulado "Enerxía positiva", fornos solares, xabón feito con aceite usado e papel reciclado feito no noso Centro.

Lipdub

Hoxe, Xoves 25 de abril, déronnos unha breve charla sobre a realización dun Libdup Reverso o día 17 de maio. 

Esta actividade está organizada polo Concello de A Illa.

Plazo de inscripción: ata o 10 de maio

A partires dos 12 anos

16 de maio de 17 a 21 h: organización do Libdup no Concello

17 de maio de 10 a 14h: farase a gravación. Recordade que é festivo, polo que non hai clase.

As folla de inscripción repartíronse polas clases.

Para máis información 986527080 (de 9 a 14h)

Enlaces de Libdup Reverso: 

Imaxina Cantares do IES Illa de Arousa

O noso Centro participou no concurso "Imaxina Cantares" convocado por Política Lingüística con este audiovisual do EDL do instituto.

Combinou imaxes da nosa illa cun poema de "Cantares Gallegos" titulado "Fun un domingo".

As voces e as imaxes son de cinco alumnos de 1º ESO e a montaxe do EDL.

Distribuir contido


by Dr. Radut