2019-20, Histórico

CONCURSO OTC-GROUP (MONÍN)

Tagged:
02/12/2016 12:48
Atlantic/Bermuda

Concurso Nacional de Coctelaría "MONÍN"

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

O alumno David López Golpe participou na semifinal  nacional  do concurso de coctelaría "Monín", disputado o 1 de decembro no CIFP de hostalería e turismo de Gijón.

A esta semifinal participaron representantes de centros  de hostalería de : Galicia, Asturias, Euskadi, Castela-León.

Acceso ó álbum

 

VISITAMOS CAFÉS VERACRUZ E SALONES PASTORIZA

Tagged:
25/11/2016 10:52
Atlantic/Bermuda

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoPulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Alumnado de CS Dirección de Servizos en restauración de 1º e 2º curso , desprazaronse a Coruña , para coñecer as instalacións de “CAFES VERACRUZ”. Durante a  visita tivemos oportunidade de observar o proceso de  tostado do café , e fomos testemuñas  do proceso de elaboración dun “Perfecto  espresso”, por parte do Barista Fernando Rojas , (ex-alumno do noso centro ), que tamen nos deleitou con uns capuccinos.

Por ultimo participamos de unha cata brasileira de café , comentada por Augusto  Morales, Mestre cafeteiro de Cafés Veracruz. Que nos agasallou con un paquete do café que había tostado  previamente connosco.

Posteriormente acercamos a “SALONES PASTORIZA”, onde nos atendeu o seu xestor José María Gestal, o cal nos acompañou nun percorrido polo establecemento, informándonos das particularidades do mesmo, as instalación, a súa oferta  e respondeu as diversas cuestións que se foron prantexando  ao longo da visita.

 

ACCESO  Á GALERÍA

O UNIVERSO: UN HAIKU GALEGO

Tagged:
24/11/2016 22:08
Atlantic/Bermuda
 O UNIVERSO: UN HAIKU GALEGO
 
Exposición organizada polos Departamento de Ciencias Naturais e Lingua Galega.
Coincidindo co mes da ciencia en galego, as alumnas e alumnos e 1º de ESO presentan unha exposición na que se mistura a divulgación científica, a poesía e mesmo a filosofía.
A exposición atópase na Biblioteca do centro e presenta unha selección de maquetas das fases lunares e os eclipses  que realizou o alumnado de 1º ESO na materia Bioloxía e Xeoloxía, así como un preciosísimo mural con haikus sobre o Universo elaborado na materia de Lingua Galega.
 
Por que non podemos ver a Lúa nova de noite? Por que a Lúa minguante non se nunca ao anoitecer? Por que sempre vemos a mesma cara da Lúa? Que é un eclipse? Por que a Lúa desperta en nós tanta intriga e romanticismo...?

Achegádevos á exposición e atoparedes a resposta a todas estas preguntas e moitas máis!
E como guinda deste pastel galáctico, o alumnado de 1º ESO tamén ten o pracer de compartir con todos vós un vídeo co que pretende transmitir  unha mensaxe filosófica transcendental e de gran axuda nos momentos difíciles das nosas vidas: a importancia de relativizar os nosos problemas ao vernos como unha mínima parte dun Universo que se expande e do que case non sabemos nada. 

Dirixide a vosa nave espacial cara a Biblioteca e desfrutade desta exposición, alí vos agardamos!
 
 
ACCESO AO ÁLBUM
 


 

ALUMNAS DE 4º da ESO en RADIO FENE

Tagged:
24/11/2016 19:33
Atlantic/Bermuda

 

As alumnas: Erika Yañez, Lucía Galdo, Verónica Martín, María Díaz e Sara Costoya, de 4º da ESO, asistiron ao programa  radiofónico , onde exerceron como autenticas criticas literarias

 

Xosé Manuel Sarille: “A guerra é moito máis terrible do que podemos concebir”



Xosé Manuel Sarille coas alumnas do IES Fraga do Eume

“O uso de saltos no tempo non foi algo consciente, vin que non discurriría ben a narración se fose lineal, e a novela comeza nos anos 50 e logo retrocede aos anos da República” afirmou o autor de Polos fillos dos fillos Xosé Manuel Sarille. O escritor dialogou no club de lectura de Radio Fene sobre a súa obra, con Erika Yañez, Lucía Galdo, Verónica Martin, Maria Diaz e Sara Costoya, alumnas de 4º da ESO do Instituto de Ensino Secundario Fraga do Eume de Pontedeume.

Sociedade • 24/11/2016 • Autor: Redacción

“Todo puido ter ocorrido, o que non quere dicir que os diálogos que se reproducen foran exactos, pero arredor da guerra creanse moitos bulos e hai que ser moi coidadosos. De todos os xeitos, a guerra é moitisimo máis terrible do que podemos concebir” salientou Sarille.

 

 

TEATRO NO FÓRUM METROPOLITANO

Tagged:
23/11/2016 22:43
Atlantic/Bermuda

TEATRO "LOS TRES MOSQUETEROS"

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Alumnado de  1º e 2º da ESO desprazáronse ao Fórum Metropolitano da Coruña, onde  asistiron a adaptación da novela de Alejandro Dumas: “Los tres Mosqueteros”.

Á  actividade organizada polo departamento de” Lengua  Castellana y literatura”, asistiron acompañados das docentes:  Anxos, Celia e Glafira.

 

Parabéns  aos nosos alumnos polo seu  respecto e atención!!

PRODUTOS GOURMET- DISTRIBUCIONES RIVAS

Tagged:
17/11/2016 19:44
Atlantic/Bermuda

PRESENTACION COMERCIAL DISTRIBUCIONES RIVAS 

 Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoPulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Alumnado de segundo curso dos cliclos medio de Servizos de Restauración e superior de Dirección en Servizos de Restauración, asistiron a presentación comercial  ofrecida  por "DISTRIBUCIONES RIVAS",   no marco dos salóns do restaurante  "MIRADOR DE SAN PEDRO" ,  en Coruña.

Durante a mesma ,tiveron oportunidade de asistir  as diversas ponencias  que se efectuaron por  especialistas  e técnicos desplazados dende diversas denominacions de orixe, e empresas  comercializadoras de productos gourmet para restauración:

- O sommelier: figura indispensable no restaurante

- Ventresca e anchoa de santoña: elaboración, conservación e consumo.

- O xamón: corte, presentación e venda no restaurante

- O aceite de oliva: do olivo, pola almazara e á mesa

 

Ao remate das exposicións, o alumnado tivo oportunidade de  degustar  parte dos produtos, asi como catar varios viños e escumosos, procedentes de diversas denominacións de orixe,  novedosos no mercado .

 

DAMOS LA BIENVENIDA A LA BIBLIOTECA A LOS ALUMNOS DE 1º DE ESO

Tagged:
16/10/2016 21:46
Atlantic/Bermuda

BIENVENIDA A LOS ALUMNOS DE 1º DE ESO

Hemos dado la bienvenida  a los alumnos de1º de ESO. Durante dos sesiones les hemos dado de alta, les hemos explicado la organización y colocación del material y, por equipos, han comprobado cómo se puede encontrar de todo: libros, revistas, películas, diccionarios...

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Acceso a la galería...

VENDIMA NO CFEA DE GUSAMO

Tagged:
05/10/2016 09:09
Atlantic/Bermuda

 

 Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
 Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Alumnado de 2º  curso dos ciclos medio de servizos de restauración e superior de dirección de servizos , realizaron una visita as instalacións do centro de experimentación agraria de  Guisamo (Bergondo).

Durante a mesma tiveron a oportunidade  de participar na vendima da colleita, visitar as instalacións ,  asistir a una charla  na cal se  lles informou de diversos aspectos relacionados  co eido vitivinícola , así como ser testemuñas  do inicio das tarefas e procesos  de elaboración do viño.

PABLO LAGOA gañador das Olimpiadas Matemáticas Galegas,

Tagged:

 

O alumno  Pablo Lagoa Loureiro de 2º da ESO, do IES Fraga do Eume de Pontedeume, foi proclamado gañador das Olimpiadas Matemáticas Galegas, e representará a  Galicia na fase final Española, que se celebrará en Santander a finais de xuño 

Finalistas 2016

Aquí tedes a Pablo,xunto co resto dos  finalistas ( Manuel, Álvaro e Jorge) co Delegado de Cultura, Xosé Ferreiro.

 

COLABORANDO NA PROMOCÓN DE PONTEDEUME

Tagged:
09/06/2016 08:09
Atlantic/Bermuda

COLABORANDO NA PROMOCIÓN DE PONTEDEUME

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

FASHION NIGHT EN PONTEDEUME

Alumnado do ciclos medios de servizos en restauración  (diúrno e modular ),  colaboran co comercio Eumés , montando un stand no cal  desenvolveron unha exhibición de coctelería, ao longo da mesma realizaron unha degustación de cócteles con e sen alcol .

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

 

DEGUSTACIÓN NO MERCADO DE ABASTOS DE PONTEDEUME

En colaboración co concello de Pontedeume, alumnado  do ciclo medio de cociña, elaborou e ofreceu un aperitivo a base de produtos autóctonos e do mercado , o cal foi degustado  polos clientes habituais do mercado de Pontedeume  , actualmente ubicado nas “Lonxas de Raxoi”.

 Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
 Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo 
Distribuir contido