EDLG

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

ENTREGA DE PREMIOS DO III CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR

Tagged:

   O pasado venres 27, despois dunha intensa deliberación, os membros do xurado fallaron e entregaron os premios da 3ª edición do Concurso de  Microrrelatos de Terror do IES Fraga do Eume.

   O Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co equipo da Biblioteca do centro agracedemos a participación de todo o alumnado e presentamos ás persoas gañadoras en cada unha das categorías.

 

Premio da categoría para 1º,2º e 3º de ESO: Mara Álvarez López de 1º de ESO.

Ligazón ao microrrelato de Mara.

  Premio da categoría para 4º ESO e Ciclos FP: Juana Cendán Martínez de 1º ZCOGA

Ligazón ao microrrelato de Juana.

 

Parabéns por estes magníficos traballos!

Imaxe da recollida do premio de Mara acompañada polas súas compañeiras e tamén participantes.

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO: WEBINARIO POR SONIA VILLAPOL SOBRE O COVID-19

Tagged:

Coñecer o coronavirus para dominalo.

Sonia Villapol Salgado, unha destacada bióloga galega que actualmente traballa no Centro Médico de Texas (Houston, EE.UU.) e forma parte do Equipo de Investigación Internacional da covid-19 (COV-irt.org), disertou o poasado luns 19 de novembro sobre a importancia e a maneira de coñecer o coronavirus para dominalo: conceptos básicos da covid-19, como se transmite a doenza e mais cales son os seus efectos, tratamentos e vacinas.

 

Mes da ciencia en galego.

En consonancia coa UNESCO, que en 2001 declarou novembro o Mes da Ciencia, o profesorado galego celebra nestas datas o Mes da Ciencia en Galego co obxectivo de mostrar que a lingua propia de Galicia é útil e tan válida coma calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.

 

RECURSOS QUÉDATE NA CASA

Tagged:

SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA 

 

   Compre destacar Aulas Galegas, un portal educativo no que un grupo de docentes pon á disposición de toda a comunidade escolar recursos didácticos e de lecer da maioría das materias curriculares, todos en galego. Podedes consultalos na seguinte ligazón:
https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/novidades/_/contido_1249/portal-educativo-aulas-galegas

 

    Ademais, a SXPL, coa colaboración da CRTVG, ofrece actividades lúdicas especialmente dirixidas ao alumnado máis novo. Trátase das curtas de animación do Programa Nós tamén creamos! que podedes atopar na aplicación do Xabarín Club http://www.crtvg.es/infantil/xabarin-tvg (premendo no X) e, así mesmo, en http://www.crtvg.es/infantil/programas/nos-tamen-creamos-2019.

 

   Por outra banda, a organización do certame Olloboi 2020 acaba de convocar unha nova categoría, Olloboi COVIDeo Doméstico, á que poderán presentarse vídeos gravados desde os fogares. O curso Aprendo con Olloboi (https://blog.olloboi.com/aprendo-con-olloboi/) pode ser de moita axuda para realizar este traballo. Atoparedes máis información en https://www.olloboi.com/olloboi-codvideo/.

 

II CONCURSO LITERARIO-GASTRONÓMICO DE ENTROIDO, IES FRAGA DO EUME

Tagged:

PREMA NA IMAXE PARA LER OS RELATOS GAÑADORES

RELATOS CALIGRAMAS (ALUMNADO DE 4º ESO - 2018-19)

Tagged:

   A realización deste proxecto de relato-caligramas xorde nas aulas de 4º de ESO despois de nos introducir no universo transgresor das vangardas. Con estas creacións quixemos deixar constancia da pegada vangardista que prendeu no noso alumnado, dando o salto da poesía ao relato e rompendo, unha vez máis, co establecido.

 

PREMA NA IMAXE PARA VER OS TRABALLOS

Distribuir contido