Panadaría, Repostaría e Confeitaría

Tagged:

O título de técnico en panadaría, repostaría e confeitaría identifícase
polos seguintes elementos:

  • Denominación: panadaría, repostaría e confeitaría.
  • Nivel: formación profesional de grao medio.
  • Duración: 2.000 horas. (2 Cursos)
  • Familia profesional: industrias alimentarias.

Perfil profesional

Competencia xeral:A competencia xeral deste título consiste en elaborar e presentar produtos de panadaría, repostaría e confeitaría, conducindo as operacións de produción, composición e decoración, en obradoiros e establecementos de restauración, con aplicación da lexislación vixente de hixiene e seguridade alimentaria, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.

Contorno funcional:Estas persoas exercen a súa actividade principalmente en obradoiros artesanais ou semiindustriais que elaboran produtos de panadaría, pastelaría e confeitaría, así como no sector de hostalaría, subsector de restauración, e como elaboradores ou elaboradoras por conta propia ou por conta allea. Tamén exercen a súa actividade no sector do comercio da alimentación en establecementos que elaboran e venden produtos de panadaría, pastelaría e repostaría.

Ocupacións e postos de traballo máis relevantes:Panadeiro/a, Elaborador/a de bolaría, Elaborador/a de masas e bases de pizza, Pasteleiro/a, Elaborador/a e decorador/a de pasteis, Confeiteiro/a, Reposteiro/a, Turroneiro/a, Elaborador/a de caramelos e doces, Elaborador/a de produtos de cacao e chocolate, Churreiro/a, Galleteiro/a, Elaborador/a de sobremesas en restauración. 

 

Requisitos de acceso....

 

Ensinanzas....

MÓDULOS 

HORAS
1ºcurso    
Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos 53
Materias primas e procesos en panadaría e repostaría. 133
Elaboracións de panadaría e bolaría. 347
Procesos básicos de pastelaría e repostaría. 240
Operacións e control de almacén na industria alimentaria 80
Formación e orientación laboral  107
2º curso    
Elaboración de confeitaría e outras especialidades.. 192
Sobremesas en restauración. 140
Produtos de obradoiro. 175
Empresa e iniciativa emprendedora. 53
Presentación e venda de produtos de panadaría e pastelaría 70
2º curso - 6º Trimestre   
Formación en centros de traballo  410
   
Total horas do ciclo   2000
   
 RESULTADOS DE APRENDIZAXE ASOCIADOS A CADA MÓDULO  

Mais información...