ASISTENCIA Á REPRESENTACIÓN TEATRAL "EL COLOQUIO DE LOS PERROS"

Tagged:

   O día 20 de febreiro o departamento de lingua castelá e literatura organizou  unha saída  para os alumnos de 3º de ESO. Asistimos no centro Ágora da Coruña á representación teatral “EL coloquio de los perros” polo grupo Factoría Teatro.

   A pesar do título, en realidade, era unha mestura entre a  versión da novela exemplar de Cervantes deste título e máis unha parte do “Casamiento engañoso” .  A posta en escena e o traballo dos actores foi moi meritorio e ademais puidemos facerlles preguntas ao final da representación.

   Dende o departamento queremos felicitar aos nosos alumnos polo seu comportamento exemplar e sumamente respectuoso.