MATEMÁTICAS NA RAIA

   O noso alumnado de Matemáticas Académicas de 3º da ESO participou o pasado día 5 de marzo no programa "Matemáticas na Raia".

   O concurso organizado por AGAPEMA (asociación galega do profesorado de matemáticas) consiste en resolver problemas de matemáticas dun xeito grupal, favorecendo así o traballo en equipo, aprendizaxes sumamente importantes para o futuro do noso alumnado.

   O grupo rematou a proba tendo feito un excelente traballo. Estamos agardando o resultado, que nervios!

   Esforzáronse moito, moitísima sorte para o noso alumnado.