Skip to Content

Xornadas de portas abertas no IES Ferrol Vello

Os días 17 e 24 de xaneiro (ás 16:30) terán lugar xornadas de portas abertas para que as familias interesadas en matricular aos seus fillos/as poidan coñecer as instalacións do centro, a súa organización académica, as medidas de atención á diversidade que aplicamos e os programas e proxectos educativos en que estamos a traballar. 

Recomendacións de lectura Nadal 2022

Compartimos as propostas de lectura do equipo de biblioteca. Felices festas!

 

 

 

Actividades 25 de novembro

Este ano as actividades polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller incluíron a lectura dun manifesto e un minuto de silencio en memoria das vítimas desa violencia. Durante as semanas anteriores realizáronse actividades de concienciación nas titorías como as red/green flags para valorar comportamentos e actitudes.

 

 

Magosto 2022

 

 

 

 

 

Traballos sobre a célula

Compartimos os traballos sobre a célula realizados polo alumnado de Bioloxía e Xeoloxía.

 

 

 

 

Préstamo dixital na plataforma E-LBE2

Anexamos as instrucións para acceder á plataforma E-LBE2. 

Calendario eleccións Consello Escolar

Subimos o calendario das eleccións ao Consello Escolar deste ano. Os únicos sectores que escollen representantes son o de profesorado e alumnado.

As coordenadas do IES Ferrol Vello

O profesor Jorge Gutiérrez e a alumna de 4º Eva Lorenzo crearon cunha impresora 3D as coordenadas do noso centro.

 

 

Presentación curso 2022-2023

A presentación realizarase o día 8 de setembro ás 9:00 da mañá. Posteriormente, haberá clase normal até as 14:30.

Resumo de normas do centro

Centro pechado

O centro permanecerá pechado a partir do 26 de xullo até o 1 de setembro. Para calquera cuestión escriban ao correo electrónico do centro. No caso de urxencia chamen ao 630334916.

Horario de verán

A partir do 11 de xullo, o horario de atención do centro será de 9:30 a 13:30.

Certificación de linguas estranxeiras

Para o curso 2022-2023 a Consellería implementou axudas para realizar a acreditación de nivel de lingua estranxeira (no noso caso, inglés). A solicitude destas axudas (3º e 4º de ESO) realízase a través do centro, asinando un compromiso polo cal o alumno/a se compromete a presentarse á proba de certificación e que se pode cubrir no centro (en arquivo adxunto).

Para máis información consultar a seguinte ligazón.

 

Libros de texto para o curso 22-23

Estes son os libros de texto (arquivo anexo) para o curso 2022-2023. Algúns dos libros (en 2º e 4º) serán entregados polo centro. Para as materias que aparezan coa indicación E-Dixgal non terán que adquirir libro de texto, xa que se traballará coa plataforma dixital.  

Matrículas de honra

Parabéns aos mellores expedientes da ESO, aos cales se lle outorgou este ano a matrícula de honra.

 

 

Noa Cuesta Fuentes (4º ESO B)

Mateo Dopico Rodríguez (4º ESO B)

Julián Martín Vaquero (4º ESO A)

 

Matrícula 2022-2023

Subimos o documento de matrícula e as instrucións para a súa realización. A matrícula presentarase do 30 de xuño ao 8 de xullo. No documento aparecen os días divididos por grupos, pero serían só datas de atención preferente. 

Entre os documentos figura a folla de inscrición na ANPA de Ferrol Vello. A cota sería de 15 euros para todo o curso e o pagamento faríase na conserxería do centro.

Entrega premios do concurso de debuxo Affinor e "The Big Challenge"

Por 5º ano consecutivo o IES Ferrol Vello colabora coa Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica do Noroeste (AFFINOR) nun proxecto de divulgación e concienciación da enfermidade entre os máis novos. A través dunha presentación realizada polas alumnas do centro explicáselles ao alumnado de 1º en que consiste a doenza. Depois, na aula de Educación Plástica, plasman a súa visión da enfermidade.

Este ano os os debuxos premiados foron os de Lara Cruz Saavedra (gañadora),  Valentina Álvarez Rubido e Breogán Paz López (finalistas).

 

 

Concurso de inglés “The Big Challenge”

Desde hai xa sete anos, o IES Ferrol Vello participa nun concurso de inglés a nivel nacional, The Big Challenge, obtendo sempre excelentes resultados. Ademais, dos premios provinciais aos que están xa acostumados, este ano obtiveron un primeiro premio nacional. O alumno Diego Manín Abelleira, de 1º ESO, obtivo unha puntuación de 350/350, superando 7476 contrincantes.

Pola súa parte, Inés Carrera, de 2º ESO,  Xaime Méndez e Julián Martín, de 4º ESO, resultaron gañadores provinciais na súa categoría e obtiveron un décimo e un vixésimo oitavo posto nacional, respectivamente.

 

O concurso realízase de forma online na aula de informática e os alumnos dispoñen de 45 minutos ininterrompidos para contestar un cuestionario de 55 preguntas, no cal se avalían diferentes destrezas lingüísticas e culturais.

 

Bolsas para alumnado NEAE

Está aberto o prazo de presentación de solcitudes para as bolsas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo do ministerio de Educación.

Remítennos do programa de bolsas do ministerio as seguintes aclaracións:

1) ACLARACION INFORMES PSICOPEDAGÓXICOS.

 

Os únicos informes psicopedagóxicos válidos en tódalas necesidades para a solicitude da bolsa (segundo a convocatoria) son os realizados, avaliados e emitidos por:

 

 

  • Equipo de Orientación específica (A Coruña).

  • Departamento de Orientación do Centro Educativo.

 

2) DOCUMENTACION COMPLEMENTARIA A PRESENTAR XUNTO COA SOLICITUDE

 

 

  • Certificado de discapacidade (só para os irmáns/as do solicitante e o propio solicitante). OBRIGATORIO PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  • Certificado médico expedido polos servicios de saúde sostidos con fondos públicos (OBRIGATORIO PARA SOLICITANTES CON TEA)

  • Título de Familia Numerosa (OBRIGATORIO, SE E O CASO)

  • Acreditación de pertenza a familia monoparental (SE É CASO)

  • Acreditación orfandade absoluta do solictante (SE É CASO)

  • Acreditacións de irmáns universatios do estudante que residan fóra do domicilio familiar (SE É CASO)

  • Documentación acreditativa dos ingresos no estranxeiro.

  • Certificado da declaración da renda e certificado do catastro indicanco bens inmobles propiedades da unidade familiar (Só se non presentou a declaración da renda no exercicio anterior e obtivo ingreso en territorio fiscal distintoss ao seu domicilio habitual (Navara, País Vasco).

 

OBRIGATORIO EN TODOS OS CASOS:

 

  • CERTIFICADO DE PADRON COLECTIVO DOS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR.

  • CERTIFICADO DE TITULARIDADE OU COTITULARIDADE ONDE FIGURE O SOLICITANTE DA BOLSA.

 

Novo equipo de mediación

Hoxe entregamos os diplomas ao novo equipo de mediación do IES Ferrol Vello, acreditativos da formación que recibiu para resolver cuestións de convivencia no centro. Agradecemos o seu compromiso e desexámoslles o mellor nesta nova responsabilidade.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut