Skip to Content

blogue deesirelma

Primeiro día de aulas

O primeiro día de aulas, 11 de setembro, o horario será o normal do centro (9:00-14:30). A primeira sesión terase co profesorado titor, que explicará as normas do centro e entregará os horarios e outra documentación de interese.

Libros de texto 2023-2024

Publicamos en adxunto a lista de libros de texto para o curso 2023-2024.

Documentación matrícula 2023-2024

Compartimos os impresos para a matrícula do curso 2023-2024. A documentación necesaria está dividida por cursos nos arquivos correspondentes. Todo o alumnado que veña polas notas recibirá unha copia da documentación.

Calendario final de curso

16 de xuño. Acto de graduación de 4º de ESO  (18:30)

 

21 de xuñoFinal das aulas.

 

23 de xuño. Devolución de libros de texto e ordenadores E-Dixgal. 

Entrega de boletíns e publicación de notas en XADE (12:00). 

 

23, 26 e 27 de xuño. Reclamacións de cualificacións (até as 12:00 do día 27).

 

 

 

 

28 de xuño a 7 de xullo. Matrícula.

 

28-29 de xuño (1º ESO)

30 de xuño-3 de xullo (2º ESO)

4-5 de xullo (3º ESO)

6-7 de xullo (4º ESO)

 

As datas indicadas son de atención preferente para as matriculacións nos cursos indicados. Poderase presentar a documentación de matrícula en calquera dos días, pero serán atendidos antes os cursos sinalados.

 

Bolsas NEAE

Aberto até o 20 de setembro o prazo para solicitude de bolsas para alumnado NEAE. Para consultar as condicións e realizar as solicitudes, débese acceder aquí. Lembramos que hai apartados desas axudas que deben ser cubertas polos profesionais do centro.  

Axudas material 2023-2024

Entre o 20 de maio eo 21 de xuño, ábrese o prazo para a solicitude das axudas para material do curso 2023-2024. Esta solicitude pódese realizar a través da aplicación fondolibros, entregando a documentación a través da sede electrónica da Xunta ou cubríndoa na aplicación, imprimíndoa e entregándoa presencialmente no centro. Tamén se pode imprimir os anexos I e II da orde (adxunta nesta entrada) e entregalas no centro en horario de secretaría (9:00 a 14:00). 

Admisión alumnado

A partir do 25 de abril, estarán expostas en conserxaría a listaxe de admitidos/as para o curso 2023-2024. En principio, todo o alumndo solicitante está admitido, ao non superaren as solicitudes o número de prazas existentes.

Bolsas FP e Bacharelato

Previsión de prazas para o curso 2023-2024

Está xa publicado, na xanela de conserxaría, o alumnado admitido na reserva de praza para o curso 2023-2024. O alumnado que proceda de centros non adscritos deberá solicitar praza no período que vai do 1 ao 20 de marzo. As solicitudes realizaranse a través da aplicación admisionalumnado da consellería ou directamente no centro co formulario correspondente, no caso de que este sexa o que solicitan en primeiro lugar.

A previsión de vacantes para o próximo curso é o seguinte:

 

1º ESO 26

2º ESO 26

3º ESO 13

4º ESO 3

 

 

 

 

Mandados do Meco

Estas son os mandados do Meco para esta semana de Entroido.

 

 

 

 

 

 

Procedemento para reserva de praza no curso 2023-2024

O proceso de reserva de praza para o alumnado procedente dos centros adscritos realizarase entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro. 

A solicitude poderá formalizarse a través da aplicación admisionalumnado da Consellería de Educación e entregarse por sede electrónica ou impresa no propio centro. Tamén poderá ser cuberta manualmente e entregada na secretaría do centro adscrito.

O proceso de solicitude de praza para o alumnado de centros non adscritos comezará, previsiblemente, en marzo.

Vídeo de presentación do centro

Compartimos o vídeo de presentación do centro creado polo alumnado de 1º de ESO de Proxecto Competencial.

Xornadas de portas abertas no IES Ferrol Vello

Os días 17 e 24 de xaneiro (ás 16:30) terán lugar xornadas de portas abertas para que as familias interesadas en matricular aos seus fillos/as poidan coñecer as instalacións do centro, a súa organización académica, as medidas de atención á diversidade que aplicamos e os programas e proxectos educativos en que estamos a traballar. 

Recomendacións de lectura Nadal 2022

Compartimos as propostas de lectura do equipo de biblioteca. Felices festas!

 

 

 

Actividades 25 de novembro

Este ano as actividades polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller incluíron a lectura dun manifesto e un minuto de silencio en memoria das vítimas desa violencia. Durante as semanas anteriores realizáronse actividades de concienciación nas titorías como as red/green flags para valorar comportamentos e actitudes.

 

 

Magosto 2022

 

 

 

 

 

Traballos sobre a célula

Compartimos os traballos sobre a célula realizados polo alumnado de Bioloxía e Xeoloxía.

 

 

 

 

Préstamo dixital na plataforma E-LBE2

Anexamos as instrucións para acceder á plataforma E-LBE2. 

Calendario eleccións Consello Escolar

Subimos o calendario das eleccións ao Consello Escolar deste ano. Os únicos sectores que escollen representantes son o de profesorado e alumnado.

As coordenadas do IES Ferrol Vello

O profesor Jorge Gutiérrez e a alumna de 4º Eva Lorenzo crearon cunha impresora 3D as coordenadas do noso centro.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut