Skip to Content

Títulos

Pago taxas para expedición de títulos

 

 

 

MODELOS E FORMAS DE PAGO DE TAXAS PARA A EXPEDICIÓN DE TÍTULOS ACADÉMICOS   “LOE”

ANTES DE FACER O PAGO DUNHA TAXA PARA A EXPEDICIÓN DUN TÍTULO ACADÉMICO, CONTACTA CO CENTRO PARA ASEGURARTE DE QUE PROCEDE O DEVANDITO PAGO

MODELO A

Impreso autocopiativo de pago que aínda poden dispor deles oficinas bancarias autorizadas e nalgunhas secretarías dos centros de estudos respectivos.

O procedemento neste caso é totalmente PRESENCIAL

MODELO A1

Impreso que se descarga da web http://ovt.atriga.gal/ 

Procederáse a facer o pago de xeito PRESENCIAL como no MODELO A

MODELO 731

Cúbrense os datos do impreso na web http://ovt.atriga.gal/  e logo de imprimilos, o pago PRESENCIAL faise como no MODELO A

MODELO 730

Pago telemático puro (cúbrense os datos por internet http://ovt.atriga.gal/  e faise o pago via telemática). Neste caso, unha vez feito o pago telemático o navegador descargará o xustificante MODELO 730 e logo deberá presentalo na secretaría do seu respectivo centro docente.

Indicar que unha vez feito o pago e antes da descarga do MODELO 730, a aplicación xerará un “RECIBO DO PAGO CON TARXETA”. En ningún caso este recibo será xustificante de pago de taxas para presentalo no centro. Con os datos deste recibo, terán que volver a aplicación e xerar o MODELO 730 que será o que entregarán.

 

EN TODOS OS CASOS, é IMPRESCINDIBLE entregar na secretaría do centro educativo:

1.     

O xustificante que acredita ter feito o pago das taxas para a expedición do título correspondente, para que se tramite o título.

Descarga aquí documento para pago tasas telemático

2.     

Copia simple do documento de identidade da/o alumna/o, en vigor.

3.     

No caso de pagar taxa reducida por familia numerosa, acreditar documentalmente co título de familia numerosaorixinal” en vigor. (Trámite Presencial)

 

Para facer o pago da taxas do título, de forma telemática:

·     

O servizo de pago telemático de taxas e prezos é unha aplicación web integrada na OV Tributaria” (Oficina Virtual Tributaria).

·     

O servizo de pago telemático de taxas permite realizar a autoliquidación de taxas e prezos no ámbito da CCAA de Galicia. Poderá realizar a xestión por vía telemática ou presencial”.

·     

O enderezo da web é http://ovt.atriga.gal/

 

"Podes consultar toda a información relativa ás tarifas vixentes para o ano 2020, así como os códigos necesarios para cumprimentar o modelo de pago de taxas en:

Tarifas Vixentes ANO 2020-Códigos e ciclos formativos.pdf"

 

Se tes calquera dúbida, contacta co centro educativo (988 68 50 50), en horario de 09:00 h a 14:00 h.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut