Menú comedor escolar mes de xuño

 

 Para consultar o menú do comedor escolar do mes de xuño de  2024, prema sobre a ligazón.

CONVENIO ANPA/AMICAR:


A Anpa do IES COSME LOPEZ RODRÍGUEZ ven de asinar un convenio ca Autoescola Amicar polo cal os membros do Anpa e os seus familiares poderán beneficiarse dun 10% de desconto no custe da matrícula do carné de conducir Permiso B. 

Ábrese o prazo para solicitar as axudas para adquirir material escolar

 

A Xunta ven de publicar a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e pola que se convocan as axudas para adquirir material escolar.  

 

Dende o 21 DE MAIO ata o 21 DE XUÑO as familias poderán solicitar as axudas para a compra de material escolar.

  

  A solicitude poderá realizarse a través das seguintes vías: 

1. Presentación a través da Sede Electrónica. (Necesaria Chave365, Certificado Dixital ou DNI Electrónico) 

2. Descargando o formulario que aparece na pestana solicitude presencial dispoñible na Sede Electrónica e entregándoo na secretaría do centro para o seu trámite.

3. Solicitando e enchendo a solicitude manualmente na secretaría do centro.

Con respecto á documentación, de xeito xeral as familias deberán aportar:

a) Anexo I (solicitude). 

b) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

c) Copia do libro de familia o documento equivalente onde figuren o alumno e demais membros computables da unidade familiar.

d) En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentenza xudicial onde conste a tribución da custodia do menor.  

Non obstante, dependendo das circunstancias, podería solicitarse outra documentación adicional ou complementaria. Para revisar o seu caso, PREMA NA SEGUINTE LIGAZÓN E ACCEDA A TODA A INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN.

Menú comedor escolar maio 2024

 

  Para consultar o menú do comedor escolar do mes de maio de 2024, prema sobre a ligazón.

Distribuir contido