Admisión curso 2019-2020

Os formularios e toda a información sobre o proceso de admisión de alumnado para o próximo curso está aquí na nosa web.

Admisión curso 2019-2020

Vigo en inglés 2019

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo adoptou o acordo de aprobar as "Bases e convocatoria ordinaria para a adxudicación de prazas do programa municipal de inmersión en Lingua Inglesa (Vigo en Inglés 2019) para o alumnado de 3º ESO de centros educativos de Vigo sostidos con fondos públicos".

30 aniversario

Publicamos un álbum de fotos con imaxes dos actos do trixésimo aniversario, celebrado o día 21 de decembro. Tamén podedes ver o vídeo coa felicitación de Nadal, protagonizado polo alumnado de 1º ESO-A. Coa súa voz o instituto deséxalle felices festas e feliz ano 2019 a toda a comunidade educativa.

Actos 30 aniversario

O próximo día 21 de decembro celebraremos os actos previstos para commemorar o trixésimo aniversario da posta en funcionamento do noso instituto. Se algunha vez tiveches a sorte de formar parte da comunidade educativa do IES de beade ven a visitarnos e a refrescar as lembranzas.

Calendario eleccións Consello Escolar

Publicado o calendario das eleccións ao Consello Escolar do instituto. Ti tamén formas parte da nosa comunidade educativa. Participa.

Calendario

2º Selo de Calidade Europeo

O IES de Beade conseguiu o seu segundo Selo de Calidade Europeo por un proxecto eTwinning de título "Powers of Ten". Neste proxecto participou o alumnado da clase de 3º ESO D do curso 2017/18, xunto con compañeiros dun colexio de Francia e outro de Italia. Parabéns a todos os alumnos participantes e ás súas profesoras!

Calendario escolar 2018-2019

Publicado o calendario escolar propio do noso instituto para o presente curso 18-19. Se o desexas podes gardalo e imprimilo a toda cor.

Calendario escolar 18-19

Presentación curso 2018-2019. Reunión pais e titores

O mércores 3 de outubro celebraremos as reunións dos titores cos pais dos alumnos dos seus cursos. A presentación do curso por parte da dirección comezará no salón de actos segundo o seguinte horario e continuarán nas aulas de referencia coa reunión dos pais e o respectivo titor dos seus fillos. Estas reunións son importantes, pregámoslles a súa asistencia.

Listaxes provisionais Fondo Solidario de Libros de Texto

Publicadas as listaxes provisionais de admitidos e excluídos do Programa Fondo Libros. Pódese reclamar ata o martes 18. Ese día publicaranse as listaxes definitivas.

Aprobada a participación no programa de intercambio Erasmus+

O noso instituto participará nun proxecto de intercambio con centros doutros países europeos durante os cursos 2018/19 e 2019/20. O IES de Beade contará cun orzamento de 27000 euros para que o noso alumnado visite os centros dos nosos socios -en Italia, Francia e a república báltica de Letonia-, e para recibir aquí aos alumnos deses países.

Axudas Actividades Linguas Estranxeiras

Adxudicación das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Calendario setembro e horarios de exames

Aquí tendes o calendario do mes de setembro, que inclúe os horarios dos exames da concocatoria extraordinaria e, entre outra información, o calendario de matrícula para o próximo curso 2018-2019. Bo verán.

ABAU

Parabéns a todos os "culpables" que conseguiron que o 100% do noso alumnado que se presentou á ABAU (Avaliación de Bacharelato para Acceso á Universiade) superase a proba. Parabéns especialmente aos verdadeiros "culpables": os alumnos e as alumnas.

DELF scolaire (Diploma de Estudos en Lingua Francesa)

Todo o alumnado do noso instituto que se presentou aos exames para conseguir o DELF scolaire (Diploma de Estudos en Lingua Francesa) conseguiu o diploma. 100% de éxito. Moitos parabéns.

Distribuir contido