blog deadmin

Calendario exames xuño 1º e 2º bacharelato

 Calendario de exames oficiais no mes de xuño para o alumnado de 1º e 2º de bacharelato

1º bacharelato     2º bacharelato

Fondo Solidario de Libros de Texto

ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

Aviso Importante Liña 3

ACTUALIZADO: As obras na Estrada do Porto continuarán ata o 15 de xuño. Como consecuencia, a liña 3 non poderá facer as seguintes paradas.

1. Estrada do Porto, 140 (Cambio sentido esquina Camiño Goaldino).

2. Estrada do Porto, 126 (Residencia Alvi).

XII Olimpíada de Xeoloxía

Participamos na fase galega da XII Olimpíada de Xeoloxía. O noso centro, representado por Aurora, Ruhma, Erea e Eva, foi declarado o mellor equipo, e Aurora Fojo acadou a segunda posición en individual. Parabéns a todas. Fotos

Admisión curso 2021-2022 (alumnado novo de centros non adscritos)

Procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2021/22:

Procedementos e prazos

Curso 2021-2022: Información sobre o noso instituto

Publicamos este documento con información sobre o noso instituto. Máis adiante, se é posible debido á pandemia, celebraremos un día de portas abertas para que ti e os teus poidades coñecer as instalacións e atopar resposta ás dúbidas que teñades.

Avaliación de alumnado con materias pendentes

Publicamos o calendario de exames e toda a información para o alumnado de ESO e BACH. con materias pendentes de cursos anteriores.

Visita a páxina de descargas

Aliméntate ben-Froita na escola

A Consellería de Educación concedeunos, dentro do seu programa Aliméntate ben. Froita na escola, dúas semanas de reparto de froita fresca ao alumnado de ESO totalmente de balde.

Felices Festas

Alumnado de 1º ESO-D, en nome do todos e todas, deséxalle Felices festas e feliz ano 2021 a toda a comunidade educativa do IES de Beade.

Vídeo

Traballos Economía

Publicamos algunhas das tarefas realizadas na materia de Economía: A ECONOMÍA NA VIDA DOS ALUMNOS DE ESO E BACHARELATO

Imaxes e vídeos realizados e cedidos polos alumnos e as alumnas de Eso e Bacharelato. Profesora Cvr.

Listaxes de alumnado concesión/exclusión máscaras

Nos próximos días publicaranse nos taboleiros do instituto as listaxes co alumnado ao que se lle concede a distribución de máscaras e ao alumnado excluído.

Criterios e procedemento de distribución de máscaras

Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020

4º Selo Europeo de Calidade

O IES de Beade vén de conseguir o seu 4º Selo de Calidade Europeo para un proxecto eTwinning. O proxecto titúlase "Life Scales project" e levouse a cabo no curso 2019/2020 co alumnado de 2º ESO PMAR.

Calendario escolar 2020-2021

Publicamos o tradicional calendario escolar para o presente curso, cos días non lectivos propios aprobados e as datas aproximados de avaliacións e entrega de boletíns de notas.

Podes descargar o calendario e imprimilo desde a páxina de descargas

Comunicado ás familias

Publicamos un comunicado para informar ás familias do alumnado da actualidade do instituto neste inicio de curso tan especial e cambiante.

Comunicado ás familias

Distribuir contido