blog deadmin

Inicio de curso

Informamos de que o inicio do curso está disposto para o xoves, 8 de setembro do 2022, no horario habitual, entrando ás 8:20 e saíndo ás 14:00. Haberá, por suposto, servizo de autobuses.

Premios reciclaxe

Atlántico diario premia as cincuenta mellores propostas de reciclaxe, entre elas están as de dous alumnos do noso instituto: Adrián Rodríguez Almón e Carla Ferreira López. Parabéns para os dous.

Hórreos de Beade

Proxecto do IES de Beade sobre os hórreos desta parroquia viguesa, no contexto dun proxecto europeo do programa eTwinning e do plan Proxecta da Consellería de Educación: "»

Matrícula curso 2024-2025

 Sobres de matrícula 

Estas datas son as asignadas a cada curso e nas que estes alumnos teñen preferencia. Por favor, respectade as datas. Se algún motivo ou circunstancia impide acudir o día asignado, o alumnado poderá matricularse calquera dos outros días habilitados.

O IES de Beade na prensa

Novas publicadas na prensa referidas ao noso instituto.

FaroEduca de Faro de Vigo

Xornal Escolar de Atlántico

Calendario fin de curso

Publicado o calendario de fin de curso: exames, avaliacións, entrega de notas e calendario de exames extraordinarios para bacharelato.

PEC-PXAD-Avaliacións-Promoción e titulación

ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

ORDE do 25 de xaneiro de 2022

Plan Xeral Atención á Diversidade

Publicado o PXAD (Plan Xeral de Atención á Diversidade), actualizado e aprobado o día 20 de abril de 2022.

Primavera Xove

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia pon en marcha este ano a segunda edición de Primavera Xove, un programa que busca xerar espazos para un ocio educativo seguro, divertido, formativo e favorecedor da transferencia de valores e coñecemento.

O instituto na prensa: Erasmus en Portugal

Reportaxe no xornal Atlántico da visita do noso alumnado a Portugal dentro do programa Erasmus.

Atlántico

Seguridade Viaria no Transporte Escolar

Tal e como establece a lexislación vixente, os pasaxeiros deste tipo de vehículos, teñen a obriga de utilizar os cintos de seguridade dos que dispoña o autocar. Por outra banda, as familias son unha parte fundamental para que a rapazada comprenda os beneficios de levar posto o cinto de seguridade.

Curso 2022-2023-Admisión alumnado centros adscritos

Están dispoñibles na aplicación e taboleiro de anuncios de secretaría as listaxes provisionais de alumnado admitido (Centros adscritos). Tamén foron enviadas estas listaxes aos centros adscritos correspondentes.

Curso 2022-23: Admisión alumnado centros non adscritos

Admisión curso 2022-2023 centros non adscritos.  Prazas vacantes ofertadas

Lembrar que desde o 1 de marzo ata 21 de marzo de 2022 está aberto o prazo para solicitar praza no noso centro. Toda a información está en: www.edu.xunta.es/admisionalumnado 

Protocolo COVID

Actualización na deteccción e manexo de casos de infección activa polo virus SARS-CoV-2 en atención primaria e na abordaxe dos contactos estreitos.

Tríptico

Concurso Pilabot

O noso centro vai participar no concurso PILABOT, organizado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, en colaboración cos SCRAP de pilas e acumuladores autorizados en Galicia.

Distribuir contido