blog deadmin

Axudas ANEAE (alumnado con necesidade específica de apoio educativo)

Coa data 26 de abril do 2023 publicouse no BOE o Extracto da Resolución do 20 de abril de 2023, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2023-2024.

Admitidos curso 2023-24

Xa están dispoñibles na aplicación e no taboleiro de anuncios de secretaría as listaxes definitivas do alumnado admitido no centro. Lembramos que as datas para a matrícula poden descargarse nesta ligazón

Enquisa de Convivencia Escolar 2023

No marco da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 ponse en marcha a Enquisa de Convivencia Escolar 2023, cuxo prazo de participación será do 2 ao 22 de maio (ambos os dous incluídos).

Calendario fin de curso ESO-1º bac.

Publicamos o calendario de fin de curso 22-23 para o alumnado matriculado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e en 1º de bacharelato.

Acceso á universidade-ABAU 2023

Toda a información sobre as Probas de Acceso á Universidade-ABAU 2023. Consulta os documentos pdf anexos e vista tamén o sitio web da CIUG.

CIUG-Comisión Interuniversitaria de Galicia

Calendario fin de curso 2º bac.

Calendario de fin de curso para o alumnado matriculado en 2º de bacharelato: exames, pendentes, ABAU...

Calendario fin de curso 2bac 22-23

CINVIGO: Ciencia na rúa

Dende o IES de Beade convidávosmos a asistir ao festival Cinvigo que se celebrará esta fin de semana na Porta do Sol e no que participarán alumnos de 3º de ESO do noso centro xunto a profesorado de Ciencias Naturais.

Premios extraordinarios 4º ESO

ORDE do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os Premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23. Código procedemento ED311D

Premios extraordinarios bacharelato

Convocados os premios extraordinarios de bacharelato para alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2022/23 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e sexa proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

Horarios probas Cambridge día 15 de abril

O noso instituto é un dos centros beneficiarios das axudas a centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023.

Becas Ministerio de Educación

Aberto o pazo para solicitar as bolsas de axuda do Ministerio. Dende o 27 de marzo ao 17 de maio de 2023 para estudos de Bacharelato, Ciclos ou FPB.

Vigo en inglés 2023

Bases reguladoras e convocatoria para a adxudicación de prazas para a participación no programa municipal de inmersión en lingua inglesa - Vigo en Inglés 2023 dirixidas ao alumnado de 3º de ESO de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos.

Curso 2023-24-Admisión alumnado centros non adscritos

Lembrar que desde o 1 de marzo ata 20 de marzo de 2023 está aberto o prazo para solicitar praza no noso centro. Toda a información está en: www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Axudas Linguas Estranxeiras (AXUDASLE)

ORDE do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva.

Calendario escolar 2022-2023

Calendario escolar actualizado para o presente curso 2022-2023, con toda a información importante. Pódelo descargar e imprimir, se o desexas.

Calendario escolar 22-23

Distribuir contido