Axudas Linguas Estranxeiras (AXUDASLE)

ORDE do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva.

Entre os requisitos, ademais de outros, está que ten que estar matriculado no curso actual en Bacharelato. O prazo para as solicitudes é de un mes a partir da publicación da orde no DOGA.

Requisitos, solicitudes, guías e demais información no enderezo: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/