Día europeo das linguas, 26 de setembro

Con motivo do Día europeo das linguas, que se celebra o 26 de setembro, difundimos este documental de 47 minutos elaborado pola comunidade educativa do IES de Arzúa, coa colaboración de Mª José Pérez, sobre a situación do galego na actualidade no ámbito da educación secundaria.

Un recurso didáctico para achegármonos a contidos relevantes para o currículum das materias de lingua como: bilingüismo, diglosia, prexuizos lingüísticos, lusofonía... A partir de diálogos e reflexións do alumnado do curso 2020-21 aproximámonos a estas preguntas e ás súas respostas.

Podedes acceder ao vídeo picando na seguinte imaxe.

Back to top